Mariluz Villar Otón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mariluz Villar Otón
Nome completoMaría Luz Villar Otón
Nacemento1937
LugarMadrid
NacionalidadeEspaña
Cónxuxe(s)Luis Rodríguez Miguez
FillosAlejandra Juno
Profesiónactriz de teatro e escritora
editar datos en Wikidata ]

Mariluz Villar Otón, nada en Madrid o 29 de decembro de 1937, é unha actriz de teatro, escritora e xornalista galega en lingua castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou como locutora na Cadena SER en Santiago de Compostela a principios dos anos 60, simultaneamente traballou como primeira actriz e codirectora no compostelán grupo de teatro Ditea, do que é cofundadora, postos que ocupou ate 1974, sendo considerada unha das pioneiras do teatro contemporáneo galego. Con este grupo gañou premios na categoría de primeira actriz como o Hércules de Plata da Coruña (1966) ou La Máscara de Oro de Lugo (1970). En 1978 trasladouse a Ourense onde comezou a traballar na COPE e no 1983 fundou o Estudio de Artes Escénicas de Ourense, unha academia de teatro que ate 1996 fixo representacións en Galicia e Portugal, ademais de recuperar a tradición dos autos sacramentais en templos. Impartiu clases de arte dramática en diferentes centros e no 1986 formou parte do elenco da obra A noite vai coma un río na montaxe do Centro Dramático Galego.

Obra escrita publicada[editar | editar a fonte]

  • Cauce desnudo 1974. Galí.
  • Ruega por nosotras, 2002. Deputación de Ourense.
  • 27 cuentos para despertar, 2004. Diputación de Orense.
  • Con acento humano, 2011. Diputación de Orense.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 1960 Premio "Hércules de Plata" á mellor actriz principal, no II Certame de Teatro (A Coruña).
  • 1970 Primeiro premio "Mascara de Oro" á mellor actriz principal feminina. I Certame de Teatro (Lugo).
  • 1973 Placa de prata e homenaxe dos oíntes de Radio Galicia de Santiago.
  • 1973 Placa de prata da sociedade artística "La Troya" pola súa labor teatral.
  • 1980 Homenaxe da "Comisión de la ilusión".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mariluz_Villar_Otón&oldid=5234321"