Mariví Villaverde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mariví Villaverde
Mariví Villaverde.jpg
Nacemento1922
 Vilagarcía de Arousa
Falecemento23 de abril de 2017
 Ribadumia
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

María Victoria Villaverde Otero, nada en Vilagarcía de Arousa en 1922 e finada en Ribadumia o 23 de abril de 2017,[1] foi unha escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Elpidio Villaverde. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 marchou coa familia desde Vigo a Marsella, despois instaláronse en París. Estudou en Orléans mentres no verán toda a familia se instalaba en Bordeos. En Francia coñeceu ao que había ser o seu home, Ramón de Valenzuela. Co estoupido da Segunda guerra mundial, a familia Villaverde marchou para a Arxentina. Volveu a Vilagarcía en 1944 para casar con Ramón de Valenzuela en febreiro de 1945, co que marchou novamente para Buenos Aires en 1949. En Buenos Aires traballa no Teatro Galego da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales e dirixe con Arturo Cuadrado o periódico Galicia onde publica algúns artigos con pseudónimo Mª V. Arealonga. En 1966 retornaron definitivamente a España, instalándose en Madrid.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Tres tiempos y la esperanza, 1962.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mariví_Villaverde&oldid=5136357"