Marquesado de Santa Cruz de Ribadulla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marquesado de Santa Cruz de Ribadulla
Corona de marqués.svg
Primeiro titularAndrés Ibáñez de Mondragón y Ozores de Sotomayor
ConcesiónCarlos II
8 de marzo de 1683
Actual titularJuan Armada y Díez de Rivera
Pazo de Ortigueira ou de Santa Cruz de Ribadulla,
residencia dos marqueses do mesmo nome,
na parroquia de Santa Cruz de Ribadulla,
concello de Vedra, A Coruña.

O Marquesado de Santa Cruz de Ribadulla (ou Rivadulla) é un título nobiliario instituído polo rei Carlos II, outorgado o 8 de marzo de 1683 ao nobre galego Andrés Ibáñez de Mondragón y Ozores de Sotomayor[1].

Os seus titulares foron:

  1. Andrés Ibáñez de Mondragón
  2. Juan Ignacio de Armada y Mondragón
  3. Ignacio Antonio Armada y Salgado
  4. Juan Ignacio Armada y Mondragón
  5. Juan Ignacio Armada Mondragón y Caamaño
  6. Juan Antonio Armada Mondragón y Guerra
  7. Iván de Armada y Fernández de Córdoba
  8. Luís Gonzaga Armada y de los Ríos Enríquez
  9. Alfonso Armada Comyn
  10. Juan Armada y Díez de Rivera, actual marqués.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

A mediados do século XV vivía no lugar de Ortigueira, da parroquia de Santa Cruz de Ribadulla, un nobre apelidado Abraldes, que tomou partido pola infanta Xoana de Castela, alcumada a Beltranexa, na guerra que esta mantivo contra a súa parente Isabel pola Coroa de Castela, como tantos señores galegos. Non daba creto aos dixomedíxomes e, segundo se conta, persignándose, sentenciou:

"La hija de la reina, lo es del rey y a ella le pertenece la Corona de Castilla".

Os Reis Católicos, ao sabelo, mandaron derrubar a vella torre, o que era sinal de afronta para o que nela vivía. Abraldes abandonou súa casa e nunca volveu. O seu fillo mandou construír, na parroquia de San Mamede de Ribadulla, a casa de Guimaráns, pazo que estaba máis cerca de Santiago, e sen torre, pois nunca quixeron naquela familia volver a sufrir humillación.

Capela da Piedade, máis coñecida como capela de Mondragón, da catedral de Santiago, onde se poden ver, a ambos os lados, na parte superior da imaxe, as armas dos Mondragón, e do Marquesado de Santa Cruz de Ribadulla.

Por aqueles anos apareceu por Santiago de Compostela un clérigo influente, aberto e con diñeiro: Juan Ibáñez de Mondragón. Nomeado cóengo de Santiago, pronto aumentou a súa fortuna e adquiriu fama. Parece ser que un dos seus irmáns era prelado en Roma, e outro servía no Exército. A orixe da familia era o soar de Eremuzketa, en Guipúscoa. Satisfeito na diocese de Santiago, poderosa, o cóengo decidiu afincarse en Compostela, para o que vendeu os bens de Mondragón e buscou unha casa no campo; a torre de Ortigueira estaba baleira e comprouna. Cambiou a súa estrutura e edificou unha capela, pois pombal e ciprés xa os tiña. Porén non vivía moito tempo en Santa Cruz: pasaba as tardes en primavera, pois en verán adoitaba ir a tomar os baños a Noia. Comprou moitas terras para ampliar a leira, dotou á parroquia con xenerosidade e fundou un morgado electivo; pero a obra na que puxo maior empeño e diñeiro foi a construción da capela da Piedade (coñecida como capela de Mondragón), na catedral, na que mandou que o enterraran. A leira de Santa Cruz tomou entón forma. Comenzouse a muralla que a rodea, e plantáronse viñas e oliveiras, así como uns bos cadros de limoeiros, cerca do bosque de carballos e castiñeiros. A horta era excelente, e dela enviábase a Santiago unha cesta todos os días, para a vivenda do cóengo. No andar principal da casa, o sobrado, había amplas estancias, incluíndo a cociña, quedando todo o baixo para o ganado e almacén do gran procedente dos foros. Ao cóengo sucedeuno un sobriño, que seguiu comprando terras, e aumentou a biblioteca.

O primeiro marqués de Santa Cruz, Andrés de Mondragón era home de boa reputación e prestixio en Santiago, e foi designado rexedor da cidade: puxo orde na mesma, mellorou as fontes e amañou os parques. Parece que tivo a concesión do arbitrio do sal. Rescatou ao pobo de Santa Cruz de Ribadulla do tributo e vasalaxe a que estaban sometidos. O rei Carlos II, o 8 de marzo de 1683, fíxolle mercede do título de marqués de Santa Cruz de Ribadulla, premiando así os seus servizos. Como título previo tiña o de vizconde de San Xulián de Piñeiro.[3]

Xenealoxía dos Armada[editar | editar a fonte]

  • I. Juan de Armada, capitán, natural e dono da casa Armada do Casar, na freguesía de San Salvador de Vide (Ourense), foi pai de:
  • II. Sebastián de Armada, natural e dono da casa do Casar, capitán, familiar do Santo Oficio da Inquisición, casou con Francisca Fernández de Araujo, natural da parroquia de san Mamede de Oleiros (Lugo). Deste matrimonio naceu:
  • III Juan de Armada y Fernández de Araujo, natural e dono da casa do Casar e dos pazos de Vilameá y Carrichouso, capitán, que da súa esposa Isabel Taboada, natural da vila de Monterrei (Ourense) e Señora da casa de Gargalo e do couto de Lamalonga, tivo a:
  • IV. Pedro Manuel de Armada y Taboada, nacido en San Salvador de Vide o 20 de xaneiro de 1646, dono da casa do Casar e Cabaleiro da Orde de Santiago. Casou con Isabel Salgado Mondragón e deste matrimonio naceu:
  • V. Ignacio Antonio de Armada y Salgado, capitán de cabalos, I Marqués de Santa Cruz de Rivadulla, da casa dos Mondragón de Galicia. Casou con Ana Ignacia García de Castro e foron seus fillos:
    • VI Juan Ignacio de Armada y Mondragón, nacido o 22 de marzo de 1722 en Santa Cruz de Ribadulla, II Marqués de Santa Cruz de Rivadulla, Vizconde de Piñeiro. Casou na Ponte Ulla o 22 de febreiro de 1755 con María Ana Caamaño Mondragón y Sotomayor, natural da Ponte Ulla. Foron pais de:
      • 1. Antonio María de Armada Mondragón y Caamaño, nacido en Santiago en 1756, III marqués de Santa Cruz de Rivadulla, solteiro.
      • 2. Juan Ignacio de Armada Mondragón y Caamaño, que segue a liña.
  • VII. Juan Ignacio de Armada Mondragón y Caamaño, bautizado en Santa Cruz de Ribadulla o 29 de agosto de 1757, IV marqués de Santa Cruz de Ribadulla. Gobernador de Maracaibo (1792-1802). Foi coronel do Batallón Literario na Guerra da Independencia. Casou en Madrid o 8 de xaneiro de 1793 con Petra Guerra y García de Briones, nacida en Pezuela de las Torres (Madrid) o 16 de maio de 1768. Deste enlace naceu:
  • VIII. Juan Antonio Armada Mondragón y Guerra, nacido en Maracaibo o 13 de xaneiro de 1796, VI Marqués de Santa Cruz de Ribadulla, Vizconde de San Julián, e Señor das xurisdicións de Usande, Piñeiro, Carricoba, Vide, Jora, Ribadulla, Outeiro, Escornaboi, Argalo, Santa María da Mercede, Carrichouso e a casa soar de Ortigueira. Brigadier dos Reais Exércitos e Coronel honorario de Artillería, Prócer do Reino, Senador Vitalicio, Rexedor perpetuo de Oviedo e de Ourense. Casou en Oviedo o 16 de xullo de 1816 con María del Rosario Benita Fernanda Valdés y Ramírez de Jove, nacida en Xixón o 5 de outubro de 1794, X Condesa de Canalejas. Deste matrimonio foi fillo:
  • IX. Álvaro José María Benito Armada Valdés, nacido en Oviedo o 11 de maio de 1817, Conde de Revilla Gigedo, Marqués de Canillejas, VI Marqués de San Esteban del Mar de Natahoyo, Vizconde de San Julián y de la Peña de Francia, Barón de Ribarroja y de Benillova, Grande de España, Coronel de Artillaría e Xentilhome de Cámara de S.M., dono da Colexiata de San Xoán Bautista da vila de Xixón e da capela da Piedade, dita de Mondragón, na Catedral de Santiago, Señor e Parente Maior das casas de Valdés e Ramírez de Xixón, Deva, Campomanes, Figaredo, Villanueva de Llarena, Solís e Grado e outras de Asturias, de Santa Cruz de Cerbaña e varias en Galicia, XVI Adelantado Maior da Florida, Xefe Superior político de Madrid en 1852, Deputado a Cortes, Senador vitalicio do Reino con S.M. Dona Isabel II, Gran Cruz de Carlos III. Casou en Madrid o 16 de xullo de 1838 con María Manuela de la Paciencia Francisca Ramona Josefa Carlota Francisca de Paula Melitona Fernández de Córdoba y Güemes, nacida en Madrid o 9 de marzo de 1822, Condesa de Revilla Gigedo, Grande de España, Marquesa de Canillejas e Condesa de Güemes, Dama Nobre da Raíña Dona María Luísa (filla de José María Fernández de Córdoba, Marqués de Canillejas, Embaixador en Francia e Inglaterra, Xentilhome de Cámara de S.M., e de Carlota Luís Güemes, Condesa de Revilla Gigedo, Dama Nobre da Banda de Dona María Luísa, ambos naturais de Madrid). Faleceu en Xixón o 23 de xuño de 1889. Foron pais de:
    • l. María Carlota Agustina Rosa de Armada y Fernández de Córdoba, nacida en Xixón o 28 de agosto de 1841 e falecida en Madrid o 17 de abril de 1848.
    • 2. Álvaro Gonzalo etc., que segue a liña.
    • 3. Iván de Armada y Fernández de Córdoba, nacido en Madrid o 18 de febreiro de 1845. Foi o VII Marqués de Santa Cruz de Ribadulla, Doutor en Filosofía y Letras, Licenciado en Dereito e Cabaleiro Mestrante de Sevilla en 1868. Morreu en Santiago de Compostela o 4 de outubro de 1899.
    • 4. Isabel Francisca de Armada y Fernández de Córdoba, nacida en Madrid o 5 de xullo de 1848. Foi desde 1906, por cesión do irmán primoxénito, VI Marquesa de Canillejas, Grande de España. Casou dúas veces: a primeira o 29 de xullo de 1869 con José María de Vereterra y Lombán, Cabaleiro da Real Mestranza de Granada, e a segunda, en Deva, o 11 de agosto de 1879 co seu cuñado Manuel de Vereterra y Lombán, natural de Oviedo, Cabaleiro da Real Mestranza de Granada, ex-Deputado a Cortes, Senador Vitalicio do Reino, Gran Cruz de Carlos III e Xentilhome de Cámara da S.M., con sucesión.
    • 5. Fernando Cristóbal de Armada y Fernández de Córdoba, nacido en Xixón o 22-I-1850. Morreu párvulo.
  • X. Álvaro Gonzalo Juan Fernando Tristán Sancho Antonio Rodrigo Diego Pelayo Rainiero Mendo Nuño Gabriel García Guillén Raimundo Jaime de Armada y Fernández de Córdoba, nacido en Xixón o 8 de febreiro de 1843, VI Conde de Revilla Gigedo, Grande de España, IV Conde de Güemes, VII Marqués de San Esteban del Mar de Natahoyo, XVII Adelantado da Florida, Vogal da Deputación permanente da Grandeza de España, Deputado a Cortes por Xixón en 1885, Cabaleiro da Orde de Carlos III, Xentilhome con exercicio e servidume da S.M., Cabaleiro da Orde de Montesa, Cabaleiro Mestrante de Valencia, Señor titular e Parente Maior das casas e soares de Xixón, Deva, Campomanes, Figaredo, Villanueva, Solís e Grado, en Asturias, e de Santa Cruz de Cerveña, en Galicia, así como herdeiro titular dos Señoríos e Baronías de Benillova y Ribarroja en Navarra, e dos portos de Sancenes e da Fuencoyada en León. Casou en Trubia (Asturias) o 20 de maio de 1872 con María del Carmen Rafaela de los Ríos Enríquez y Miranda de Grado, Dama Nobre da Orde de María Luísa, nacida en Madrid o 31 de xullo de 1854. Faleceu en Deva o 23 de setembro de 1907. Deste enlace foi o sétimo fillo:
  • XI. Luís Gonzaga Antonio José María Modesto de Armada y de los Ríos Enríquez, nacido en Deva (Xixón) o 13 de xuño de 1889 e falecido en Madrid o 15 de setembro de 1973. De Xixón pasou a Galicia ao faleceren os seus pais e herdar os seus bens alí. Foi o VIII Marqués de Santa Cruz de Rivadulla, Xeneral de Artillaría, Gran Cruz ao mérito militar e de San Hermenexildo, Cabaleiro da Orde de Santiago. Casou en Madrid o 26 de abril de 1915 con María del Rosario Comyn y Allendesalazar, nacida en Madrid o 31 de outubro de 1892 (filla dos condes de Albiz). Foron pais de:

Jesusa, Rafaela, Alfonso, co que segue a liña, Luís, Dolores, María del Rosario, María del Perpetuo Socorro, Paz, Ignacio e Javier.

  • Alfonso Armada Comyn, nacido o 12 de febreiro de 1920 en Madrid, IX marqués de Santa Cruz de Ribadulla. Casou con Francisca Díez de Rivera y Guilladas, a menor das dúas fillas de Pedro Díez de Rivera y Figueroa, marqués de Someruelos, fillo dos condes de Almodóvar. Faleceu en Madrid o 1 de decembro de 2013.[2][4] Foron pais de:
    • Juan, co que segue a liña;
    • Rosario, nacida o 28 de setembro de 1946, avogada;
    • Pedro, nacido o 25 de xuño de 1948, xesuíta;
    • Victoria, nacida o 21 de xuño de 1950. Casou con José Gil Delgado Moxó, fillo de Carlos Gil Delgado y Armada, marqués de Berna, e de María Luisa de Moxó y Güell;
    • María de la Asunción, nacida o 27 de xaneiro de 1952. Casou o 14 de xullo de 1973 con Hugo O'Donnell y Duque de Estrada, duque de Lucena, fillo de Leopoldo O'Donnell y Lara, duque de Tetuán, e de Consuelo Duque de Estrada y Moreno;
    • Alfonso, nacido o 10 de xullo de 1954;
    • Ignacio, nacido o 1 de agosto de 1957. Casou con María Eugenia Cornet y Soler;
    • Isabel, nacida o 22 de xaneiro de 1961. Casou con Antonio Donoso;
    • Paz, nacida o 5 de xullo de 1962. Casou con Javier Rivera Latos;
    • Luis, nacido o 11 de xaneiro de 1964.
  • Juan Armada y Díez de Rivera, nacido o 18 de abril de 1945, X marqués de Santa Cruz de Rivadulla.[5] Casou con María de España y Pascual de Quinto, filla de Fernando de España y Morelli, conde de España, e de Pilar Pascual de Quinto y Montalvo. Tiveron a:
    • Juan Armnada y España, nacido o 22 de xullo de 1973;
    • Santiago Armada y España, nacido o 20 de setembro de 1975;
    • Javier Armada y España, nacido o 2 de maio de 1978.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Elenco de Nobleza Arquivado 20 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine. Consultada o 18/4/2012.
  2. 2,02,1 Muere el exgeneral Alfonso Armada, uno de los cerebros del golpe del 23-F Diario El País (España), 01/12/2013.
  3. Euskalnet. Armada (en castelán) Consultada o 18/4/2012.
  4. Muere el general Alfonso Armada, condenado a 30 años por el 23-F Diario ABC, 02/12/2013.
  5. La familia del golpista vuelve al Pazo Diario El Mundo (España), 22/02/2014.
  6. Alfonso Armada Xenealoxía.org. Apelidos de Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Marquesado_de_Santa_Cruz_de_Ribadulla&oldid=5076613"