Martín Barrós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Martín Barrós
Información persoal
Nacemento 30 de decembro de 1988
  A Coruña
Nacionalidade España
editar datos en Wikidata ]

Martín Barrós Novo, tamén coñecido como Neto, nado na Coruña o 30 de decembro de 1988, é un xogador de hóckey a patíns galego que actualmente xoga no A.C. Ordes. Xoga na posición de porteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Martín Barrós comezou a práctica do hóckey a patíns no equipo do colexio herculino Dominicos, na tempada 2007-08 pasou ás filas do Patín Coruña (daquela en Primeira División Estatal. Tralo ascenso á OK Liga (tempada 2009-10) do CP Cerceda, Neto asinou co club cercedense, disputándose o posto de porteiro co catalán Xavi Malián. Co descenso de categoría do Cerceda e a fichaxe do asturiano Adrián Vallina, o porteiro coruñés tampouco puido disputar moitos minutos na segunda categoría do hóckey a patíns do Estado español. No verán do 2011 asinou polo A.C. Ordes que acababa de ascender á Primeira División Estatal e co que actualmente está a disputar moitos minutos e a realizar boas actuacións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Martín_Barrós&oldid=5232880"