Martín Ferreiro Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Martín Ferreiro Álvarez
Nacemento13 de setembro de 1892
 Quireza
Falecemento23 de novembro de 1941
 Campo de concentración de Mauthausen-Gusen
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónconstructor e político
editar datos en Wikidata ]

Martín Ferreiro Álvarez, nado en Quireza (Cerdedo-Cotobade) o 13 de setembro de 1892 e finado no campo de concentración de Mauthausen-Gusen o 23 de novembro de 1941, foi un construtor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vencellado á construción, marchou é Coruña. Durante a República afiliouse a Izquierda Republicana e foi concelleiro de Obras e tenente de alcalde no Concello herculino. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 procurou agocho en Quireza, despois en Portugal e Francia, combatendo o exército franquista nas frontes do Levante e Cataluña

Foi confinado no campo de Argelès-sur-Mer. Integrouse como voluntario nas Compañías de Traballadores Estranxeiros, desenvolvendo a súa profesión no reforzamento da Liña Maginot. Consumada a invasión alemá, sumouse ao exército francés para seguir combatendo o fascismo. Capturado pola Wehrmacht (maio-xuño de 1940), foi confinado no stalag V-D, preto de Estrasburgo, e posteriormente deportado a Mauthausen, canda outros 848 prisioneiros, o 13 de decembro de 1940.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Martín_Ferreiro_Álvarez&oldid=5133980"