Metro de Palma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Metro de Palma
Logo del Metro de Palma.svg
MP Train.JPG
Tren na Estación Intermodal de Plaça d'Espanya.
Información
DonoGoberno das Illas Baleares
CidadePalma de Mallorca, España
Liñas2
Estacións16
Operacións
Inauguración25 de abril de 2007
Rede15,55 km
Electrificación1500 v
Vel. media60 km/h
Vel. máxima100 km/h
Mapa da rede

Map of Palma metro.svg

O Metro de Palma é un sistema de transporte rápido de ferrocarril na cidade balear de Palma, en Mallorca. Conta con dúas liñas operativas que conforman unha rede en forma de Y cunha lonxitude total de 15,55 km.

Historia[editar | editar a fonte]

A rede de metro proxectouse a finais de 2004. A primeira liña empezou a funcionar o 25 de abril de 2007. Abríronse primeiro as estacións subterráneas de Plaça de Espanya (Intermodal), Jacint Verdaguer e Son Costa-Son Fortesa co único servizo do tren.

As obras do metro de Palma, que se realizaron en menos de dous anos presionadas polos prazos e as necesidades da cidade, deron lugar a certas deficiencias nas que destacaban fallas no sistema de ventilación dos túneles e na evacuación das precipitacións que son normais para a cidade.

O 23 de setembro do 2007, unha serie de choivas fortes provocaron a inundación de varias das estacións, tras o cal a liña foi clausurada indefinidamente para realizar as obras de reparación,[1] que se valoraron en 28 millóns de euros. Finalmente o metro de Palma volveu funcionar desde o 28 de xullo de 2008.[2]

Liñas e estacións[editar | editar a fonte]

En 2018 o Metro de Palma está formado por dúas liñas:

Liña Terminais Lonxitude Estacións Apertura Tempo de viaxe
Metro Palma M1.svg Plaça d'Espanya - UIB 7,2 km 9 2007 13 min
Metro Palma M2.svg Plaça d'Espanya - Marratxí 8,35 km 10 2013 14 min

A liña 1 une as estacións de Plaça d'Espanya e a Universidade das Illas Baleares (UIB). Con dúas vías e unha lonxitude de 7,2 km, dos cales 4 son subterráneos e 3,2 en superficie, dispón de nove estacións, oito subterráneas e unha exterior. A liña deseñouse para unha velocidade máxima de 100 km/h e enlaza a estación intermodal de Plaça d'Espanya coa UIB nun tempo de 13 minutos. O estudo sinala que este traxecto tería unha duración de 5 minutos no caso de que non houbese paradas. As previsións apuntaban a que o transporte colectivo do estudantado subiría do 31 ao 43%, captando o 12% dos actuais viaxeiros de coche ou outras modalidades e o 95% da demanda total actual do autobús.

Estación da UIB

Estación intermodal[editar | editar a fonte]

A estación intermodal ten 3 niveis, distribuídos do seguinte xeito:

Nivel 1: Distribuidor, despachos de billetes, control de accesos, instalacións de seguridade e zona de equipamentos e servizos.

Nivel 2: Estación ferroviaria coas seguintes características:

  • 10 vías de tren con 5 plataformas.
  • Control de Tráfico Centralizado (CTC).
  • Sistemas de información ao viaxeiro.
  • Posibilidade de trens cada 3 minutos (máis de 400 circulacións)

Nivel 2: Estación de autobuses:

  • 30 dársenas.
  • Posibilidade de 90 circulacións (en hora punta).

Nivel 3:

  • Zona de estacionamento de vehículos

Unidades de tren[editar | editar a fonte]

  • Empresa adxudicataria: Construcións e Auxiliar de Ferrocarril, S.A. CAF
  • Orzamento de adxudicación: 14 501 160 ?
  • Número de unidades: 6 unidades dobres (motor - motor)
  • Características e dimensións da estrutura: caixa de aceiro inoxidable de 33,082 metros de lonxitude e 2,55 metros de anchura
  • Capacidade máxima da unidade dobre: 380 acodes
  • Anchura da vía: 1000 mm
  • Tensión de electrificación: 1500 V

Prestacións da unidade[editar | editar a fonte]

  • Velocidade máxima: 100 km/h
  • Aceleración máxima: 1,1 m/s²
  • Desaceleración máxima: 2 m/s²

Equipamento[editar | editar a fonte]

Interior dun tren do Metro de Palma
  • Sistema ATP (Automatic Train Protection) tipo FAP (Freado Automático Puntual).
  • Sistema de radio dixital Tetra para comunicacións Tren-Terra.
  • Computador de bordo con comunicación de avarías e anomalías e rexistrador de acontecementos.
  • Portas eléctricas antiatrapamento.
  • Megafonía interior sensible ao nivel de ruído.
  • Megafonía exterior.
  • Corredor adaptado a PMR de intercirculación entre coches.
  • Intercomunicación pasaxe - maquinista.
  • Circuíto pechado de televisión (CPTV) con catro cámaras por unidade dobre.
  • Paneis interiores de indicación de próxima estación.
  • Panel luminoso frontal de indicación de destino.
  • Climatización frío - calor con temperatura regulable.
  • Faros de xenon de longo alcance.
  • 2 prazas adaptadas a persoas de mobilidade reducida con avisos ao maquinista.
  • Asentos con deseño antivandálico.
  • Sistema de insonorización de rodas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Metro_de_Palma&oldid=5183761"