Miguel Ángel Cámara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Miguel Ángel Cámara

23 de xuño de 1995 – ...
Precedido por José Méndez Espino
Sucedido por ...

Datos persoais
Nacemento 6 de maio de 1955 (64 anos)
Orihuela, España España
Partido Partido Popular
Profesión Profesor

Miguel Ángel Cámara Botía, nado en Orihuela o 6 de maio de 1955, é o actual alcalde da cidade de Murcia, España.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Doutorouse en Ciencias Químicas na Universidade de Murcia na década dos 80, datas nas cales tamén obtivo o título de Diplomado en Administración de Empresas pola Universidade Politécnica de Madrid. Exerceu a docencia na Universidade de Murcia, chegando a ser Profesor Titular de Química Agrícola desta mesma Universidade.

Desde 1995 ocupa o cargo electo de alcalde da cidade de Murcia polo Partido Popular, posto que foi revalidando ininterrompidamente até a actualidade. Antes disto, foi concelleiro desta localidade durante varios anos.

Ademais de todo isto, é Presidente da Federación de Municipios da Rexión de Murcia desde 1995.

Está casado con Marisol Meroño, e son pais de tres fillos, Miguel Ángel, Alberto e Soledad.

En maio de 2012 foi imputado por un presunto delito de prevaricación administrativa dentro das investigacións do caso 'Umbra', que investiga unha presunta trama de corrupción urbanística no municipio de Murcia, no que tamén están imputados o concelleiro de Urbanismo do Concello de Murcia; así como o dono do Real Murcia, Jesús Samper; e María Isabel Fernández, xefa da Oficina de Goberno Local de Murcia e muller de Alberto Guerra, antigo director da Xerencia de Urbanismo.[2]

Outros cargos e datos[editar | editar a fonte]

  • Secretario do Ilustre Colexio Oficial de Doutores e Licenciados en Ciencias e Letras de Murcia (1980-1987).
  • Presidente da Asociación Profesional de Profesores Titulares da Universidade de Murcia (1985-1986).
  • Conselleiro do Ente de Radio Televisión Murciana (1991-1994).
  • Ingresou en Alianza Popular a principios de 1983.
  • Responsable da Comisión Rexional de Educación (1983-1984).
  • Secretario de Acción Territorial da Xunta Local do Partido Popular de Murcia (1984).
  • Vicepresidente da Xunta Local do Partido Popular de Murcia (1987-1988).
  • Secretario Rexional de Organización do Partido Popular (1987-1989).
  • Secretario Xeral Rexional do Partido Popular de Murcia desde a celebración do VIII Congreso Rexional de 1990, e reelixido no IX, X e XI Congreso dos anos 1993, 1996 e 1999 respectivamente.
  • No Concello de Murcia desempeñou as funcións de portavoz das comisións de Cultura, Deportes e Descentralización (1987-1991).
  • Portavoz na Comisión de Facenda e Contratación no Concello de Murcia desde 1991.
  • Vocal da Xunta Directiva Nacional do Partido Popular, elixido no XII Congreso Nacional celebrado en xaneiro de 1996.
  • Membro do Consello Federal da Federación Española de Municipios e Provincias de España desde 1995.
  • Presidente da Comisión de Medio Ambiente e Ecoloxía da Federación Española de Municipios e Provincias 1999-2003.
  • Presidente da Comisión de Educación da Federación Española de Municipios e Provincias desde 2003.

Notas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
José Méndez Espino
Alcalde de Murcia
1995-actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazón externa[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Miguel_Ángel_Cámara&oldid=3899601"