Miguel Celdrán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Miguel Celdrán

17 de xuño de 1995 – 4 de marzo de 2013
Precedido por Gabriel Montesinos
Sucedido por Francisco Javier Fragoso

14 de marzo de 2004 – 9 de abril de 2007

12 de marzo de 2000 – 22 de novembro de 2000

27 de maio de 2007 – 22 de maio de 2011

Provincia de Badajoz - Escudo.svg
Concelleiro do Concello de Badaxoz
4 de xullo de 1991 – 17 de xuño de 1995

Datos persoais
Nacemento 4 de marzo de 1940
Badaxoz, (Badaxoz)
Partido Partido Popular
Profesión Perito taxador

Miguel Ángel Celdrán Matute, nado en Badaxoz o 4 de marzo de 1940,[1] é un político español do Partido Popular, alcalde de Badaxoz, desde 1995 até 2013. É enxeñeiro técnico industrial desenvolvendo a súa vida laboral como perito taxador. Antes de dedicarse profesionalmente á política era funcionario, enxeñeiro técnico do Gabinete de Seguridade e Hixiene no Traballo. Director e profesor titulado de autoescolas de condutores. Foi senador polo Partido Popular (PP) e deputado na Asemblea de Estremadura polo mesmo partido.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Foi presidente da Asociación de Antigos Colexiais do colexio dos Maristas de Badaxoz e empezou a interesarse pola política a principios dos 80, cando ingresou na extinta Unión de Centro Democrático, onde se integrou o Partido Liberal de Joaquín Garrigues Walker. En 1990 afiliouse ao Partido Popular (PP). Foi Portavoz do Grupo Popular no concello de Badaxoz desde 1991. Nas eleccións de 1995 foi elixido como alcalde por maioría absoluta, maioría que repetiría en 1999, 2003, 2007 e 2011. Senador pola Provincia de Badaxoz desde marzo de 2000, cargo que abandonaría ao ano seguinte retomándoo en 2004 para abandonalo definitivamente en 2006. Nas eleccións de 2007 foi elixido Deputado por Badaxoz na Asemblea de Estremadura, onde forma parte da Mesa de Idade. Consolidouse como o alcalde co mandato de maior duración de toda a historia de Badaxoz.

Vicepresidente da Executiva Rexional do Partido Popular (PP) en Badaxoz desde outubro de 2000 e Presidente Provincial do Partido Popular (PP) en Badaxoz desde outubro do 2000 até 2004. Membro do Consello Xeral da Federación Española de Municipios e Provincias. A súa xestión caracterizouse pola pugna coa Deputación Provincial e a Xunta de Estremadura, instancias dominadas polos socialistas, sendo o seu mellor acerto sanear a situación económica herdada e ordenar o funcionamento político e administrativo municipal.

Declaracións homófobas[editar | editar a fonte]

En 2007, declarou que non casaría dous homes ou dúas mulleres. Ás lesbianas, dixo que había que chamalas "mariconas".[2][3]

En marzo de 2011 protagonizou unhas polémicas declaracións homofóbicas nas que aseguraba que en Badaxoz non hai "palomos cojos y si los hubiese los echarían para fuera". Cabe destacar a reacción protagonizada polo programa presentado polo Gran Wyoming, El Intermedio, da cadea La Sexta, que promoveu unha iniciativa que chamaron "Caravana de palomos" na que homosexuais de toda España foron a Badaxoz manifestarse en contra das declaracións de Miguel Celdrán.[4][5]

Dimisión[editar | editar a fonte]

O 4 de marzo de 2013, coincidindo co seu aniversario, anunciou nunha comparecencia pública a súa renuncia á alcadía tras 18 anos, e á acta de concelleiro. Foi sucedido polo primeiro tenente de alcalde Francisco Javier Fragoso.

Cargos desempeñados[editar | editar a fonte]

  • Concelleiro no concello de Badaxoz. (1991-2013)
  • Portavoz do PP no concello de Badaxoz. (1991-1995)
  • Alcalde de Badaxoz. (1995-2013)
  • Senador pola provincia de Badaxoz. (2000)
  • Presidente do PP de Badaxoz. (2004-2008)
  • Senador pola provincia de Badaxoz. (2004-2007)
  • Deputado por Badaxoz na Asemblea de Estremadura. (2007-2011)
Predecesor:
Alberto González
People's Party (Spain) Logo (2008-2015).svg
Voceiro do Grupo Popular no
Concello de Badaxoz

1991-1995
Sucesor:
Alejandro Ramírez del Molino
Predecesor:
Gabriel Montesinos
Provincia de Badajoz - Escudo.svg
Alcalde de Badaxoz

1995-2013
Sucesor:
Francisco Javier Fragoso
Predecesor:
Vicente Sánchez Cuadrado
People's Party (Spain) Logo (2008-2015).svg
Presidente do PP de Badaxoz

2000-2004
Sucesor:
José Antonio Monago

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Senado (ed.). "Celdrán Matute, Miguel Ángel". Arquivado dende o orixinal o 15-11-2011. Consultado o 10-9-2011. 
  2. Esta palabra, segundo o DRAE, ten tres acepcións: dúas que son vulgarismos, e unha que é despectiva
  3. http://www.cadenaser.com/articulo/sociedad/alcalde/Badajoz/indigna/homosexuales/polemicas/declaraciones/csrcsrpor/20070328csrcsrsoc_4/Tes/
  4. http://www.hoy.es/20110301/local/badajoz/miguel-celdran-pide-disculpas-201103011333.html
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2011. Consultado o 27 de maio de 2013. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Miguel_Celdrán&oldid=5249485"