Miguel Revestido Rodilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Miguel Revestido Rodilla
Miguel Revestido Rodilla 1924.jpg
Nacemento8 de maio de 1892
 Ferrol
Falecemento8 de xuño de 1938
 Buenos Aires
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
FillosMiguel Revestido Fachal
editar datos en Wikidata ]

Miguel Antonio Amado de Jesús Revestido Rodilla, nado en Ferrol o 8 de maio de 1892 e finado en Buenos Aires o 8 de xuño de 1938,[1] foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou a Buenos Aires. Foi secretario de actas da asociación cultural A Terra constituída en 1917,[2] que ao ano seguinte se converteu en asociación galeguista.[3] Colaborou en El Correo Gallego, Vida Gallega e El Compostelano, e foi xefe de redacción de Correo de Galicia, redactor de Terra e director de Galicia.[4]

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • De mi alma, 1915.
  • Flores de Otoño, 1923.
  • Doce poemas (antología), 1955.[5]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Fusión de almas (comedia en un acto).
  • La prueba (comedia en tres actos).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Ofelia Fachal Pedreira e foi pai de Miguel Revestido Fachal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Correo Gallego, 28-7-1938, p. 3.
  2. El Diario de Pontevedra, 26-7-1917, p. 2
  3. El Progreso, 28-3-1918, p. 1.
  4. El Heraldo Gallego, 27-5-1928, p. 1.
  5. Ficha na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Miguel_Revestido_Rodilla&oldid=5233081"