Ministerio de Cultura e Deporte de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ministerio de Cultura e Deporte")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ministerio de Cultura e Deporte de España
Logotipo del Ministerio de Cultura y Deporte.svg
Información xeral
Ministro José Guirao
Sitio web
http://www.mecd.gob.es/

O Ministerio de Cultura e Deporte de España é o departamento ministerial encargado da promoción, protección e difusión do patrimonio histórico español, dos museos estatais e das artes, do libro, a lectura e a creación literaria, das actividades cinematográficas e audiovisuais e dos libros e bibliotecas estatais, a promoción e difusión da cultura en español, así como o impulso das accións de cooperación cultural e, en coordinación co Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, das relacións internacionais en materia de cultura. Así mesmo corresponde a este Ministerio a proposta e execución da política do Goberno en materia de deporte.

O Ministerio de Cultura é un dos ministerios máis importantes do Goberno de España debido ao gran patrimonio cultural que posúe, e por iso decidiuse unificar todos os ámbitos culturais nun só ministerio en 1977. Esta autonomía mantívose até 1996, cando o goberno de Jose María Aznar fusionouno co ministerio de Educación e mantívose así até 2004, cando o Presidente Zapatero devolveulle a súa autonomía.

Esta situación foi revertida de novo en 2011, co goberno de Mariano Rajoy que o volveu a fusionar co ministerio de educación, dando lugar ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Coa chegada do socialista Pedro Sánchez á presidencia, o ministerio recupero a súa autonomía pois era intención do Presidente dar un maior protagonismo a este ministerio, que quedara nun segundo plano desde a súa fusión con educación.[1]

Desde as súas orixes, as competencias en deportes estiveron sempre ligados a este ministerio, salvo contadas excepcións.

Funcións[editar | editar a fonte]

Segundo o Real Decreto 817/2018, de 6 de xullo,, corresponde ao Ministerio de Cultura e Deporte:[2]

  • A promoción, protección e difusión do patrimonio histórico español, dos museos estatais e das artes, do libro, a lectura e a creación literaria, das actividades cinematográficas e audiovisuais e dos arquivos e bibliotecas estatais, a promoción e difusión da cultura en español, así como o impulso das accións de cooperación cultural.
  • A proposta e execución da política do Goberno en materia de deporte.

Así mesmo e, en coordinación co Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, correspóndelle a este Departamento as relacións internacionais en materia de cultura.

Estrutura orgánica[editar | editar a fonte]

1. O Ministerio de Cultura e Deporte estrutúrase nos seguintes órganos directivos:[3]

  • A Subsecretaría de Cultura e Deporte.
    • A Secretaría Xeral Técnica.
  • A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura.
  • A Dirección Xeral de Industrias Culturais e Cooperación.
  • A Dirección Xeral de Belas Artes.
  • Gabinete do Ministerio.

Organismos adscritos[editar | editar a fonte]

Adscríbense ao Ministerio de Cultura e Deporte estes organismos:

Titulares[editar | editar a fonte]

Desde a súa creación en 2018:

Referencias[editar | editar a fonte]

O contido deste artigo incorpora material publicado no Boletín Oficial do Estado, que se atopa no dominio público de conformidade ao disposto no artigo 13 da Lei de Propiedade Intelectual española.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ministerio_de_Cultura_e_Deporte_de_España&oldid=5007236"