Miryam Gallego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Miryam Gallego
Miryam Gallego.jpg
Nacemento15 de marzo de 1976
LugarOurense
NacionalidadeEspaña
Profesiónactriz
editar datos en Wikidata ]

Miryam Gallego, nada en Ourense en 1976, é unha actriz galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1998 licenciouse en arte dramática na Real Escuela Superior de Arte Dramático. Os seus primeiros papeis como actriz interpretounos en Galicia, facendo pequenos papeis en series como Pratos combinados, da TVG. Máis tarde empeza a facer papeis episódicos en series coma Policías, en el corazón de la calle, ata conseguir un papel fixo en Periodistas, onde traballou durante varias tempadas, e posteriormente noutra serie, Lobos, con menos éxito. Dende o ano 2009 ao 2016 interpretou a Lucrecia, a Marquesa de Santillana, na exitosa serie Águila Roja de TVE.

Tamén fixo teatro e, en menor medida, cine.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É parella de Eduardo Chacón, fillo da escritora Dulce Chacón. Teñen unha filla e dous fillos en común.

Películas[editar | editar a fonte]

  • Concursante (2006), de Rodrigo Cortés. Como Laura.
  • La voz dormida (2011), de Benito Zambrano. Como dona Amparo.
  • Águila Roja: la Película (2011) como a Marquesa de Santillana

Televisión[editar | editar a fonte]

Personaxes fixos[editar | editar a fonte]

Personaxes episódico[editar | editar a fonte]

  • Pratos combinados (1995 - 1997) TVG.
  • Encuentros (1998), Canal Sur 1.
  • Un perro ladra en la tormenta (1999), Antena 3.
  • El comisario (2000), Telecinco.
  • Policías, en el corazón de la calle (2000), Antena 3.
  • Aída (2006), Telecinco.
  • Génesis, en la mente del asesino (2007), Cuatro.
  • El ministerio del tiempo (2017). (TVE)

Teatro[editar | editar a fonte]

  • A esmorga (1995-1997; dirixida por Ánxeles Cuña)
  • Roberto Zucco (1997; dirixido por Jesús Salgado, como A rapaza)
  • Bodas de sangre (1998; dirixida por Juan Pastor, como A noiva e A lúa)
  • Santa Cruz (1998; Compañía Teatro del Duende)
  • El Motel de los Destinos Cruzados (1999; lectura dramatizada dirixida por Raquel Toledo)
  • Combate de Negro y de Perros (1999; dirixida por Marta Riganti, como Leona)
  • Roberto Zucco (2001; como A rapaza)
  • Arsénico, por favor (2002-2003; dirixida por Gonzalo Suárez, como Elena)
  • El rey Lear (2008; dirixida por Gerardo Vera, como Cordelia)
  • Don Juan en Alcalá (2015; dirigixa por Eduardo Vasco; como Dona Inés)
  • Numancia de Miguel de Cervantes (2016; dirixida por Juan Carlos Pérez de la Fuente)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Miryam_Gallego&oldid=5233623"