Moebius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Moebius
Moebius Lodz 2008.jpg
Nome completoJean Henri Gaston Giraud
Nacemento8 de maio de 1938
 Nogent-sur-Marne
Falecemento10 de marzo de 2012 e 12 de marzo de 2012
 París
CausaLinfoma
SoterradoCemiterio de Montparnasse
NacionalidadeFrancia
Alma máterÉcole Duperré
Ocupacióncaricaturista, roteirista de histórias em quadrinhos, guionista, escritor de ciencia ficción, deseñador de selos e pintor
Coñecido/a porArzach
PremiosKnight of the National Order of Merit, Commandeur des Arts et des Lettres‎, Grand Prix de l'Imaginaire, Inkpot Award, grand prix de la ville d'Angoulême, Yellow Kid Award, Science Fiction and Fantasy Hall of Fame, Sproing Award e cabaleiro da orde das Artes e as Letras
editar datos en Wikidata ]

Jean Giraud, coñecido polo seu pseudónimo Moebius, nado en París o 8 de maio de 1938, e falecido na mesma cidade o 10 de marzo de 2012, foi un historietista francés. Alcanzou a celebridade como debuxante do western O Tenente Blueberry, que guionizaba Jean-Michel Charlier e se publicaba na revista Pilote. Faleceu o 10 de marzo de 2012 aos 73 anos de idade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1974 formou o grupo dos Humanoides Asociados con outros autores como Philippe Druillet, Dionnet e Farkas. Xuntos editarían a revista Metal Hurlant, onde Jean Giraud (agora co seudónimo Moebius) se revelaría como autor completo en renovadoras series de fantasía e ciencia ficción como Arzach (1975) ou O garaxe hermético (1976). En 1980, iniciou coa saga de O Incal a súa frutífera colaboración co guionista Alejandro Jodorowsky. Dende o ano 1988, cando viu Akira, ten sido gran fan do estilo de debuxo xaponés, en especial de Katsuhiro Otomo e de Yukito Kishiro (quen á vez tamén esta moi influenciado polo estilo franco-belga de Frank Miller ou o propio Jean Giraud), e as súas obras se viron influenciadas por este feito.

Paralelamente á súa labor como historietista e ilustrador, Jean Giraud ten participado nos deseños de multitude de películas, como Alien (1979), Tron (1982), Abyss (1989) ou O quinto elemento (1997).

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Moebius&oldid=4971394"