Moisés Blanco Paradelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Moisés Blanco Paradelo
Nacemento5 de setembro de 1977
 O Barco de Valdeorras
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Moisés Blanco Paradelo, nado no Barco de Valdeorras o 5 de setembro de 1977, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. É mestre de música no colexio Divina Pastora do Barco. Técnico especialista en Informática de Xestión e técnico especialista en Protocolo e Relacións Institucionais. É concelleiro do PPdeG do Barco desde as municipais de 2003 e foi candidato á alcaldía en 2007 e 2011. Foi deputado provincial (2007-2011) e vicepresidente segundo da Deputación de Ourense (2009-2011). Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas eleccións de 2012. É o portavoz do Grupo Popular en materia de novas tecnoloxías.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Moisés_Blanco_Paradelo&oldid=4977466"