Montse Prado Cores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Montserrat Prado Cores")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Montse Prado Cores
Montse Prado Cores, XV Asemblea Nacional Bloque Nacionalista Galego 23.jpg
Montse Prado na XV Asemblea Nacional do BNG realizada na Coruña no 2016.
Nome completoMontse Prado Cores
Nacemento9 de xaneiro de 1965
 Cambados
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

María Montserrat Prado Cores, nada en Cambados o 9 de xaneiro de 1965, é unha política galega do BNG, sendo na actualidade secretaria de organización e membro da executiva nacional de dita formación.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É diplomada en Maxisterio e licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago. Traballaba como celadora do Sergas até a súa dedicación exclusiva á política.

Estivo desde nova vencellada ao movemento veciñal e cultural. Foi membro da executiva da Asociación de Veciños de Oubiña entre 1984 e 2006, presidiu a Asociación Cultural Sete Pías e participou na fundación da Asociación Cultural Xironsa.

Formou parte da primeira dirección nacional de Galiza Nova. Foi concelleira de Cambados entre 1991 e 2005. Tralas eleccións autonómicas de 2005 foi nomeada delegada da Consellería de Innovación e Industria na provincia de Pontevedra. Tralas eleccións autonómicas de 2009 foi nomeada membro do consello de administración da CRTVG. Forma parte do Consello Comarcal do Salnés do BNG. Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.

Colabora coa publicación Terra e Tempo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Montse_Prado_Cores&oldid=4702557"