Mosteiro da Nosa Señora de Valdeflores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mosteiro da Nosa Señora de Valdeflores
Convento de Valdeflores Viveiro.jpg
Mosteiro de Valdeflores
Datos xerais
TipoMosteiro
AdvocaciónVirxe de Valdeflores
LocalizaciónViveiro, Lugo, Galicia
Coordenadas43°39′16″N 7°35′56″O / 43.654525, -7.598792Coordenadas: 43°39′16″N 7°35′56″O / 43.654525, -7.598792
Culto
CultoCatólico
DioceseMondoñedo-Ferrol
Orde relixiosaOrde dos Pregadores
Arquitectura
Construciónséculo XV
EstiloGótico, románico e outros.
editar datos en Wikidata ]

O Mosteiro da Nosa Señora de Valdeflores é un mosteiro situado na parroquia de Magazos, no alfoz da vila luguesa de Viveiro e moi preto do río Landro. Este edificio relixioso está rexido pola congregación das Dominicas contemplativas (Orde dos Pregadores), orde fundada por Domingos de Guzmán, nacido no século XII en Caleruega (Reino de Castela)[1]. A fundación do convento remóntase ao século XV. A igrexa, tamén do século XV, de estilo gótico, momento tamén ao que corresponde a talla da Virxe de Valdeflores a cal se venera neste templo. Esta imaxe, segundo conta a tradición, foi atopada nos terreos sobre os que se ergue o mosteiro. O edificio do mosteiro é de finais do século XVII. Dende hai sete século, e sen interrupción, existe a congregación no mosteiro[2].

Características[editar | editar a fonte]

O mosteiro conta cun gran claustro que foi remodelado nos séculos XVI, XVIII e XX. A igrexa presenta riscos románicos e oxivais (gótico). A torre do campanario data de 1618, para a súa construción tomouse como referencia a do desaparecido convento de San Domingos. A portada é oxival con arco interior en forma de trevo e con arcos sostidos por columnas e capiteis de follas. Sobre ela existe unha escultura de San Domingos proveniente do desaparecido convento dominico. O interior é dunha soa nave, con presbiterio e coros alto e baixo ao fondo. Tralo retablo óllanse restos de pinturas murais. Entre a moblaxe salienta o órgano do século XVIII e un Lignum Crucis traído de Xerusalén pola beata Constanza de Castro[3].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Información da orde na Web do mosteiro". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2014. Consultado o 10 de setembro de 2014. 
  2. "Web do Mosteiro (en castelán)". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2014. Consultado o 10 de setembro de 2014. 
  3. Web de Patrimonio Galego

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mosteiro_da_Nosa_Señora_de_Valdeflores&oldid=5265613"