Moto3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Moto3
125cc riders 2010 Qatar.jpg
Fundación2012
RexiónInternacional
Sitio webwww.motogp.com

Moto3 é a categoría de menor cilindrada do Campionato do Mundo de Motociclismo de velocidade, regulado pola FIM. Destinada a motocicletas equipadas con motores de 250cc e catro tempos, substituíu en 2012 á antiga categoría de 125cc (con motor de dous tempos).

Regulamento[editar | editar a fonte]

Esta categoría limítase a motores dun só cilindro e un diámetro máximo de 81 mm. O peso total mínimo de motocicleta e conductor é de 148 kg. Os pilotos non poden ter máis de 28 anos, 25 se son wild-cards (pilotos invitados pola organización) ou acabados de contratar e participan por primeira vez no mundial.

Especificacións do motor[editar | editar a fonte]

Moto3 Honda de Maverick Viñales (2012)
  • Configuración: Monocilíndrico
  • Cilindrada: 250 cc
  • Ciclo do motor: 4 tempos
  • Válvulas: 4 válvulas
  • Distribución: Árbore de levas (DOHC).
  • Combustible: Sen chumbo, 100 octanos (calquera tipo de combustible).
  • Alimentación: Inxección.
  • Aspiración: Motor de aspiración natural.
  • Lubricación: Cárter húmido.
  • Máximo de revolucións: 17.500 - 18.000 rpm.
  • Refrixeración: Bomba de auga individual.

Campións[editar | editar a fonte]

Edición Primeiro Puntos Segundo Puntos Terceiro Puntos
2012 Alemaña Sandro Cortese 325 España Luis Salom 214 España Maverick Viñales 207
2013 España Maverick Viñales 323 España Álex Rins 311 España Luis Salom 302
2014 España Àlex Márquez 278 Australia Jack Miller 276 España Álex Rins 237
2015 Flag of the United Kingdom.svg Danny Kent 260 Flag of Portugal.svg Miguel Oliveira 254 Italia Enea Bastianini 207

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Moto3&oldid=4334640"