Muller e paxaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Muller e Paxaro de Joan Miró

Muller e paxaro (en catalán: Dona i ocell) foi a última obra de grandes proporcións do polifacético artista catalán Joan Miró. A obra foi inaugurada en 1983 sen a presenza do seu autor debido aos graves problemas de saúde que padecía, morrendo meses despois da inauguración á idade de 90 anos.

Muller e paxaro foi unha das primeiras expresións pública de arte da Barcelona da era democrática. Situada no parque de Joan Miró (antigo parque do Escorxador), ao pé dun gran lago artificial, a escultura foi realizada en formigón e, con 22 metros de altura, representa unha forma feminina con sombreiro e, sobre este, a imaxe dun paxaro. A silueta de muller soluciónase cunha forma de folla alongada e foncha. Por todo o seu exterior, a escultura encóntrase recuberta con cerámica de cores vermellas, amarelas, verdes e azuis (as máis comúns do artista) tratadas como trencadís e realizados polo ceramista Joan Gardy Artigas.

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Enciclopèdia Catalana (2005). Enciclopèdia de Barcelona, Vol. 2. ISBN 84-412-1396-8 (en catalán). 
  • Varios autores (2006). Barcelona, una ciudad de vanguardia. Arte en las calles (en castelán). Barcelona, La Vanguardia Ediciones. ISBN 84-96642-09-7. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Muller_e_paxaro&oldid=4571060"