Musa ibn Nusayr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Musa ibn Nusayr
Nacementoc. 640
 Siria
Falecementoc. 716
 Damasco
NacionalidadeCalifato omeia
EtniaLakhmidas
RelixiónIslam
Ocupaciónlíder militar e Uale
editar datos en Wikidata ]

Abu Abd ar-Rahman Musa ibn Nusayr ibn Abd ar-Rahman Zayd al-Lajmi (en árabe,أبوعبد الرحمن موسى بن نصير بن عبد الرحمن زيد اللخمي), coñecido simplemente como Musa, nado no Iemen cara ao 640 e finado en Damasco, actual Siria, no 716, foi un militar musulmán, gobernador e xeneral da dinastía Omeia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou na invasión musulmá da Península Ibérica, tomando parte na guerra civil que tiña lugar no Reino Visigodo entre os partidarios de Don Rodrigo e os de Agila II, fillo de Witiza. Foi este último quen solicitou a axuda de Musa, penetrando en territorio visigodo no 712.

Repartiu os seus dominios entre os seus fillos, feito polo cal o califa Suleimán I chamouno a Damasco a rendir contas, sendo acusado de malversación. Foi condeado a morte, pero finalmente conmutóuselle a pena polo pagamento dunha considerable suma de diñeiro. Pouco despois foi asasinado nunha mesquita de Damasco.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Musa_ibn_Nusayr&oldid=4973984"