Museo do Mamut de Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Museo do Mamut
Museo del Mamut.jpg
Entrada do centro
PaísCataluña
CidadeBarcelona
TipoMuseo Paleontolóxico
Inauguración2010
Sitio WebPáxina oficial

O Museo do Mamut (en catalán: Museu del Mamut) é un museo paleontolóxico que se atopa en Barcelona e que contén unha exposición adicada ós animais da Idade do xeo. O museo conta cunha colección de esqueletos de mamuts recollidos en expedicións en América e Canadá, así como unha reprodución a escala real destes animais prehistóricos.

Historia[editar | editar a fonte]

O museo atópase nunha zona de interese arqueolóxico e está incluído no Plan especial de protección arquitectónica histórica da cidade de Barcelona. Salienta a galería gótica edificada durante a segunda metade do século XII con pedra de Montjuïc, xa que é o único edificio gótico non relixioso de Barcelona que ten arcos góticos na planta baixa. O edificio ten o nome de Casa de la Custòdia xa que serviu de custodia ó Papa durante a procesión de 1762 por mor da chuvia torrencial, feito que se lembra no vestíbulo do edificio cunha placa.

O 8 de febreiro de 2012 foi detido o ex-director do centro acusado de roubar diversas pezas valiosas do centro, como vinte cairos de marfil, diamantes e ouro, ocorrido tres días antes. Segundo os Mossos d'Esquadra, o antigo responsable do centre conservaba aínda as chaves de acceso.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 324.cat, ed. (8 de febreiro de 2012). "Detenen l'exdirector del Museu del Mamut pel robatori de 20 ullals". Consultado o 20 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Museo_do_Mamut_de_Barcelona&oldid=4903988"