New Horizons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Imaxe artística do New Horizons preto de Plutón.

A misión New Horizons (do inglés: Novos Horizontes) é unha misión espacial non tripulada da axencia espacial estadounidense (NASA) coa fin de explorar Plutón, os seus satélites e probablemente o Cinto de Kuiper. A sonda lanzouse dende a estación da Forza Aérea dos Estados Unidos de América do Cabo Cañaveral o 19 de xaneiro de 2006. New Horizons viaxou primeiro ata Xúpiter, onde chegou en febreiro-marzo de 2007. Ao seu paso por Xúpiter aproveitou a asistencia gravitatoria do planeta para incrementar a súa velocidade. Chegou ao punto mais próximo a Plutón o 14 de xullo de 2015, ás 11:49:04 UTC. Tras deixar atrás Plutón, sobrevoou o 1 de xaneiro de 2019 un obxecto do Cinto de Kuiper, Ultima-Thule,[1] chamado así a raíz dun concurso de ideas para nomealo.[2]

Despois da Rosetta, que viaxou a uns 108 000 Km/h entre novembro de 2009 e agosto de 2014, grazas ás asistencias gravitacionais da Terra (tres veces) e de Marte (unha), e da Voyager 1 é a sonda espacial con maior velocidade, alcanzando respecto ao Sol unha diferenza máxima entre as velocidades inicial e final de 15,1 km/s. (54 000 km/h aproximadamente).[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Talbert, Tricia (2018-03-13). "New Horizons Chooses Nickname for ‘Ultimate’ Flyby Target". NASA. Consultado o 2019-01-01. 
  2. Talbert, Tricia (2017-11-06). "Help Nickname New Horizons’ Next Flyby Target". NASA. Consultado o 2019-01-02. 
  3. "Spacecraft escaping the Solar System". Heavens Above (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=New_Horizons&oldid=5027238"