Joseph Cugnot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Nicolas-Joseph Cugnot")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joseph Cugnot
Nicolas-Joseph Cugnot, monument à Void (Lorraine) en 1912 (du au meusien Fosse, sur fonds anglais).jpg
Nacemento25 de setembro de 1725
 Void-Vacon e Lorena
Falecemento2 de outubro de 1804
 París
NacionalidadeReino de Francia e Primeiro Imperio Francés
Ocupaciónengenheiro militar, enxeñeiro e inventor
editar datos en Wikidata ]

Nicolas-Joseph Cugnot, nado en Void (Meuse), o 26 de febreiro de 1725[1][2] e finado en París o 2 de outubro de 1804[3], foi un inventor francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Modelo automobilístico deseño de Cugnot, de 1771.

O goberno francés atribúelle a invención do primeiro vehículo autopropulsado, é dicir, do primeiro automóbil. Esta reclamación está disputada por varias fontes que suxiren en cambio que Ferdinand Verbiest, membro das misións xesuítas en China foi o primeiro en construír un coche a vapor por volta de 1672. En calquera caso, si parece que Cugnot ten sido o primeiro en transformar o movemento adiante-atrás dun pistón de vapor en movemento rotativo. Así, foi en 1769 cando conseguiu que funcionase unha versión do seu Fardier à vapeur, é dicir, o seu "Coche de vapor".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Registre de l'état civil de la commune de Void, p. 162.
  2. Menciónase ás veces a data do 25 de setembro de 1725 de xeito erróneo, en certas obras, a partir de mediados do século XIX.
  3. Le fardier de Cugnot Arquivado 26 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. descrición detallada na páxina da Société des Ingénieurs de l'Automobile (SIA)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazón externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Joseph_Cugnot&oldid=5091888"