O Labrego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Labrego foi un periódico editado en Lugo entre 1891 e 1893.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Subtitulado Somanario d'intreses rexionales e literatura, apareceu o 8 de xaneiro de 1891. Foi o continuador de A Monteira. Era unha publicación semanal, escrita enteiramente en galego, de intereses rexionais e literatura. Desapareceu en 1893.

Nos prólogos á edición facsimilar d'A Monteira (Xunta de Galicia, 1989), Xesús Alonso Montero escribe:

"Lástima que nesta ocasión non se poida ofrecer, en apéndice, 'O Labrego', semanario lugués de 1891 que foi a continuación da 'Monteira'. Os números publicados ¿ubi sunt?"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=O_Labrego&oldid=4077933"