O Rosal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O Rosal
Bandeira de O Rosal---Escudo de O Rosal
Casa do concello de O Rosal.jpg
Casa consistorial, nun pazo do século XVIII.
Situacion O Rosal.PNG
Situación
Xentilicio[1]rosaleiro/a
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Baixo Miño
Poboación6.249 hab. (2018)
Área44,1 km²
Densidade141,7 hab./km²
Entidades de poboación4 parroquias
Capital do concelloO Rosal
Política (2019[2])
AlcaldesaÁnxela Fernández Callís (BNG[3])
ConcelleirosBNG: 7
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais no Rosal
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes57,60%
Na rede
Páxina do concello de O Rosal

O Rosal é un concello situado ó suroeste da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca do Baixo Miño, situándose á beira da desembocadura do río Miño. Limita polo sur coa Guarda, polo norte con Oia e polo nordeste con Tomiño. O seu xentilicio é rosaleiro.

Poboación[editar | editar a fonte]

Segundo o IGE, no 2014 tiña unha poboación de 6.455 habitantes.

Censo total 2014 6.455 habitantes
Menores de 15 anos 859 (13.31 %)
Entre 15 e 64 anos 4.194 (64.97 %)
Maiores de 65 anos 1.402 (21.72 %)
Evolución da poboación de O Rosal   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5.225 5.302 5.679 5.558 5.992 6.570 6.613 6.574 6.531 6.455 6.406 6.349 6.328 6.249
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Trazos económicos[editar | editar a fonte]

A súa economía é eminentemente agrícola, forestal e gandeira (pastos), con algo de pesca de baixura. Son afamados os seus viños, que pertencen á Denominación de Orixe Rías Baixas e forman parte da "Feira do Viño do Rosal" (declarada de interese turístico no 2016).

Historia[editar | editar a fonte]

Atopáronse vestixios paleolíticos, que inclúen pinturas rupestres, e da Idade de Bronce. A cultura castrexa estivo moi presente nesta zona.

Durante a Idade Media pertenceu ó Mosteiro de Santa María de Oia, da orde Cisterciense.

O concello constituíuse en 1847, independizándose do da Guarda. En 1879 o rei Afonso XII outorgoulle o título de vila.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Os muíños do Folón e do Picón é un conxunto de 36 muíños do século XVIII situados nos ríos Folón e Picón, todos eles restaurados e mesmo algún en funcionamento. Preto do lugar atópanse a ermida de San Martiño e as fervenzas do río Folón e do río da Cal. Pódense visitar percorrendo a ruta homologada de sendeirismo PR-G 94, ruta circular de 3'5 km con principio e fin xunto ó Muíño da Ponte das Penas.

O monumento ao cabaqueiro lembra os telleiros da vila, que crearon a xerga denominada latín dos cabaqueiros.

A casa consistorial ocupa un pazo do século XVIII.

Turismo[editar | editar a fonte]

Cada ano, na terceira fin de semana do mes de xullo, celébrase a Feira do Viño do Rosal, que ten como atractivo principal o viño branco desta subzona da Denominación de Orixe Rías Baixas.

O Rosal ten dúas rutas de sendeirismo homologadas: o PR-G 94 Rota dos Muíños do Folón e do Picón e o PR-G 112 Sendeiro de Pescadores Río Miño - Tamuxe. A primeira goza das paisaxes do BIC dos muíños do Folón e de Picón; a segunda das panorámicas do estuario do río Miño e do final do río Tamuxe.

O Rosal posúe un Centro de Interpretación dos Oficios, cun apartado moi especial para o oficio dos cabaqueiros.

No muíño das Aceñas o concello do Rosal dispón dunha aula da natureza que serve de centro de interpretación da contorna. Está situado xunto a unha área recreativa natural, na beira do río Tamuxe.

Alcaldes[editar | editar a fonte]

Colexios[editar | editar a fonte]

  • CPI Manuel Suárez Marquier (1977).
  • CRA María Zambrano: Sede en Pías. 6 edificios (Marzán, Pías, Couso, Fornelos, Novás, Tabagón)

Deporte[editar | editar a fonte]

  • SD Atlético Novás (balonmán)
  • Unión Deportiva Ribera (fútbol)
  • Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores SL
  • Atletismo Suárez Marquier

Música[editar | editar a fonte]

  • Banda Municipal do Rosal.
  • Coral Musical do Rosal.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes do Rosal.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Rosal

As Eiras (San Bartolomeu) | O Rosal (Santa Mariña) | San Miguel de Tabagón (San Miguel) | Tabagón (San Xoán)

Lugares do Rosal[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Rosal vexa: Lugares do Rosal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. TeleMariñas, ed. (15 de xuño de 2019). "Ánxela Fernández é a nova alcaldesa do Rosal". Consultado o 17 de xuño de 2019. 
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Coordenadas: 41°56′8″N 08°49′30″O / 41.93556, -8.82500


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=O_Rosal&oldid=5268627"