Obdulia Taboadela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Obdulia Taboadela

Escudo de A Coruña.svg
Concelleira na Corporación Municipal da Coruña
por PSdeG-PSOE
2007 – 2011

Concelleira de Interior, Persoal e Informática do Goberno Municipal
2007 – 2009

Concelleira de Urbanismo do Goberno Municipal
2009 – 2011
Precedido por Mar Barcón
Sucedido por Martín Fernández Prado

Datos persoais
Nacemento 22 de novembro de 1964
Madrid
Partido PSdeG-PSOE
Pais España
Fillos unha
Profesión Profesora, política
Alma máter Universidade Complutense de Madrid
Residencia A Coruña

Obdulia Taboadela Álvarez, nada en Madrid o 22 de novembro de 1964, é unha profesora universitaria e política coruñesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid (UCM) e doutora en Socioloxía. Dende 1995 é profesora Titular de Socioloxía no Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración da Universidade da Coruña e profesora titora no centro asociado da UNED en Pontevedra dende 1999.

Desde 2004 ata a súa incorporación ao Goberno municipal no 2007 desempeñou o cargo de Subdelegada do Goberno na provincia da Coruña. Até 2009 foi concelleira delegada de Interior, Persoal e Informática. De 2009 a 2011 ocupou a concellaría de Urbanismo.

En xullo de 2011 regresou á Universidade para se ocupar de Socioloxía Económica do Grao de ADE na UDC, a coordinación do Mestrado Oficial en Migracións Internacionais, e o inicio de novos proxectos de investigación vinculados aos cambios sociais nos países de economías emerxentes[1].

Papeleta para o Senado nas Eleccións de abril de 2019.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Mujer, trabajo y políticas activas de empleo en España: el caso de la reforma laboral de 1997. Santiago de Compostela : Centro de Estudios de Población y Análisis de las Migraciones, 2001. ISBN 84-607-3344-0
  • La afiliación sindical: hacia una aproximación del sistema de representación de intereses en el sindicalismo español contemporáneo. Universidad Complutense, 2001. ISBN 84-669-0224-4

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.sociologia.udc.es/es/infoesp/directorio-general/taboadela-alvarez-obdulia Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Taboadela Álvarez, Obdulia - Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Obdulia_Taboadela&oldid=5279680"