Osaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 34°41′38″N 135°30′8″L / 34.69389, -135.50222

Osaca
大阪市
Flag of Osaka, Osaka.svg
Emblem of Osaka, Osaka.svg
Osaka montage.jpg
Vistas da cidade
Localización
Osaca en Xapón
Osaca
Osaca
PaísFlag of Japan.svg Xapón
RexiónKansai
PrefecturaPrefectura de Osaca
Xeografía
Altitude0 msnm
Superficie223 km²
Demografía
Poboación2.666.371 hab. (2012)
Área metropolitana: 18.768.395
Outros datos
Código postal1-3-20 Nakanoshima, Kita-ku, Ōsaka-shi, Ōsaka-fu 530-8201
AlcaldeTōru Hashimoto (JRP)
Páxina oficial de Osaca

Osaca[1] ou Osaka[2][3] (大阪市, おおさかし, Ōsaka-shi) é unha cidade do Xapón e a capital da prefectura de Osaca, a segunda en importancia do país tras a capital Toquio, cunha poboación de 2.598.774 habitantes (censo do 2000).

Está situada no delta do río Yodo (o que lle da a súa configuración característica de cidade entre canais), xunto a súa desembocadura na profunda baía de Osaca no centro da illa de Honshu.

Como é habitual no Xapón, a cidade ten as súas oríxes coa erección dun castelo en 1583. Despoxada de poder político primeiro polas próximas Nara e Quioto (coas que configura xunto con Kōbe unha megalópole de dezanove millóns de habitantes), e despois por Toquio, especializouse na actividade comercial e industrial, converténdose por moito tempo no principal centro do país.

En 1970 celebrouse unha Exposición Universal.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia urbana de Osaca.

División administrativa[editar | editar a fonte]

24 barrios do concello de Osaca.

O concello de Osaca divídese en 24 barrios (ku 区):

  • Abeno-ku (阿倍野区, あべのく).
  • Asahi-ku (旭区, あさひく).
  • Chūō-ku (中央区, ちゅうおうく).
  • Fukushima-ku (福島区, ふくしまく).
  • Higashinari-ku (東成区, ひがしなりく).
  • Higashisumiyoshi-ku (東住吉区, ひがしすみよしく).
  • Higashiyodogawa-ku (東淀川区, ひがしよどがわく).
  • Hirano-ku (平野区, ひらのく).
  • Ikuno-ku (生野区, いくのく).
  • Jōtō-ku (城東区, じょうとうく).
  • Kita-ku (北区, きたく).
  • Konohana-ku (此花区, このはなく).
  • Minato-ku (港区, みなとく).
  • Miyakojima-ku (都島区, みやこじまく).
  • Naniwa-ku (浪速区, なにわく).
  • Nishi-ku (西区, にしく).
  • Nishinari-ku (西成区, にしなりく).
  • Nishiyodogawa-ku (西淀川区, にしよどがわく).
  • Suminoe-ku (住之江区, すみのえく).
  • Sumiyoshi-ku (住吉区, すみよしく).
  • Taishō-ku (大正区, たいしょうく).
  • Tennōji-ku (天王寺区, てんのうじく).
  • Tsurumi-ku (鶴見区, つるみく).
  • Yodogawa-ku (淀川区, よどがわく).

Economía[editar | editar a fonte]

  • Daikin (ダイキン工業)
  • Itochu (伊藤忠商事)
  • Nissin Foods (日清食品)
  • Sharp (シャープ)

Universidades[editar | editar a fonte]

  • Universidade das ciencias de educación de Osaca (大阪教育大学)
  • Universidade da cidade de Osaca (大阪市立大学)

Turismo e lugar de interese[editar | editar a fonte]

  • Sumiyoshi Taisha (住吉大社) - Santuario sintoista
  • Castelo de Ōsaka (大坂城)
  • Tsūtenkaku (通天閣) - A torre de Tsūtenkaku é un símbolo de Osaca
  • Acuario Kaiyukan - Un dos maiores acuarios do mundo

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). ISBN 84-8158-266-2. 
  2. Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). ISBN 9788482893600. 
  3. Santa María, Inés; Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. ISBN 978-84-8289-328-0. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Osaca&oldid=5156423"