País Leonés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mapa amosando, en azul, os territorios considerados polos leonesistas como o País Leonés
Bandeira independentista leonesista
Bisbarras do País Leonés

O País Leonés (País Llionés en leonés)[1] é, segundo os rexionalistas, nacionalistas e independentistas leoneses, o territorio formado polas provincias españolas de León, Zamora e Salamanca onde se estenden a lingua e cultura leonesas. Coincide co Reino de León definido na división administrativa realizada por Javier de Burgos por medio do Real Decreto de 30 de novembro de 1833,[2] pero a súa definición non coincide plenamente co reino de León histórico pois este abranguía un territorio máis extenso.

Porén, os límites do País Leonés non son de todo precisos, pois algúns sectores leonesistas inclúen neste territorios do pasado histórico do Reino de León ou de proclamada cultura leonesa (principalmente aqueles nos que se falan variantes do asturleonés). Deste xeito, formarían tamén parte do País Leonés a Franxa do Carrión (Palencia), a marxe dereita do río Valderaduey (Valladolid), a franxa occidental da provincia de Valladolid, Valdeorras (Ourense), e a bisbarra do Barco de Ávila (Ávila)[3][4], onde se falaría asturleonés oriental; e os territorios portugueses do río Sabor (Sendim e Miranda do Douro, onde falan unha variante do asturleonés occidental coñecida como mirandés, que é oficial en Portugal).[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. * Llïonés' (con diérese): denominación fomentada polo dirixente político Abel Pardo Fernández de ' ' Conceyu Xoven ' ', dende as actividades que impulsou cando ocupaba a Concellaría de Cultura do Concello de León, algúns colectivos ou asociacións culturais como O Fueyu, El Toralín e A Barda (todas elas presididas por membros da organización política ' ' Conceyu Xoven ' ' ou vinculadas a esta). Estes grupos consideran que 'leonés' ' e 'asturiano' ', aínda que pertencentes ao mesmo dominio lingüístico, deben ser considerados dous idiomas diferenciados. Profesores da Universidade de León teñen desautorizado Arquivado 10 de xullo de 2011 en Wayback Machine. esta denominación.
    • Llionés' ou 'asturllionés': é a utilizada por unha serie de colectivos e asociacións culturais sen fins políticos (Furmientu, A Caleya, Facendera pola Llengua e O Teixu) e escritores (Eva González, Roberto González-Quevedo, Héctor Xil, Xosepe Vega...) que fan uso das normas ortográficas da Academia da Lingua Asturiana e que, polo tanto, entre outros recursos ortográficos, non utilizan a diérese para mostrar a dialefa nun ditongo. Este grupo considera que tanto ' ' leonés ' ', como asturiano ou ' ' mirandés ' ' son denominacións, que aínda que coas súas respectivas peculiaridades dialectais, fan referencia a unha mesma lingua, chamada lingüisticamente asturleonés (forma utilizada pola RAE).
    • Lleonés': segundo o Dicionario da Academia da Lingua Asturiana
    • Lleounés', 'lliounés', 'lleunés' ou 'lliunés': é a forma utilizada por algúns medios de comunicación. Ausente de criterio lingüístico, en moitos casos utilízase de forma peyorativa.
  2. La Voz de Salamanca. "Juventudes Socialistas de Castela e León recoñece "a Rexión Leonesa"" (en español). Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2011. Consultado o 1 de febreiro de 2011. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2012. Consultado o 26 de xuño de 2014. 
  4. http://paisleones.blogspot.com.es/2012/06/guardo-lucha-por-su-mineria.html
  5. Partido Carlista de León. "Comarcalización do Reino de León" (en español). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2008. Consultado o 1 de febreiro de 2011. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=País_Leonés&oldid=5250774"