Pablo Moure Mariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pablo Moure Mariño
Nacemento8 de xaneiro de 1920
 O Saviñao
Falecemento7 de marzo de 2009
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Pablo Moure Mariño, nado en Escairón (O Saviñao) o 8 de xaneiro de 1920 e finado o 7 de marzo de 2009, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e avogado, entrou en política en 1979, cando resultou elixido concelleiro en Monforte de Lemos, en representación de Alianza Popular. Por ese mesmo partido foi escollido deputado nas primeiras autonómicas en 1981, pola circunscrición de Lugo. Entre 1981 e 1985 foi vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia, e posteriormente en 1996 integrouse no Consello Consultivo de Galicia, onde permaneceu ata febreiro de 2008.

Datos persoais[editar | editar a fonte]

Foi irmán do escritor Luís Moure Mariño. Estaba casado con María Pilar Parrilla Ayres e tivo tres fillos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pablo_Moure_Mariño&oldid=5267505"