Panorama de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Panorama de Galicia foi un programa do Centro Territorial da Televisión Española en Galicia que tivo a súa primeira emisión o 25 de xullo de 1974[1], transformándose en emisión diaria[2] o 16 de agosto dese ano. Foi o primeiro espazo de televisión en utilizar de xeito regular a lingua galega, aínda que os primeiros anos era bilingüe[3]. Tiña unha duración de quince minutos e era eminentemente informativo, a partir do ano seguinte aumentou a súa duración ata os 30 minutos, dando cabida a unha maior variedade de temas, con espazos de etnografía (A peneira), entrevistas (Xente) e reportaxes (Concellos) . En 1977 comezou o espazo cultural Adro da cultura.

Panorama de Galicia desapareceu en 1983 substituído pola primeira edición do Telexornal.

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Panorama_de_Galicia&oldid=4805348"