Parlamento de Cantabria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°27′35.24″N 3°48′49.05″O / 43.4597889, -3.8136250

O Parlamento de Cantabria, na rúa Alta da cidade de Santander.

O Parlamento de Cantabria, denominado Asamblea Regional de Cantabria ata a reforma do estatuto de autonomía de 1998, é o órgano lexislativo da comunidade autónoma de Cantabria. Os seus membros chámanse deputados e o seu cometido é o de representar aos cidadáns cántabros. Son elixidos por sufraxio universal, igual, libre, directo e segredo.

Historia[editar | editar a fonte]

  • 1979: constitúese a Asamblea Mixta presidida por Justo de las Cuevas;
  • 1982: constitúese a Asamblea Regional Provisional presidida por Isaac Aja;
  • 1983: constitúese a primeira Asamblea Regional de Cantabria elixida por sufraxio directo;
  • 1998: a Asamblea Regional de Cantabria pasa a denominarse Parlamento de Cantabria;

Funcións[editar | editar a fonte]

As súas funcións pódense dividir en tres apartados: lexislativas, de control e orzamentarias.

Lexislativas[editar | editar a fonte]

Neste apartado o parlamento ten o poder de:

De control[editar | editar a fonte]

Aquí incluiríanse:

Orzamentarias[editar | editar a fonte]

As funcións orzamentarias serían:

  • Realizar e aprobar os orzamentos da Comunidade.
  • Aprobar plans de fomento da actividade económica para o interese xeral de Cantabria.

Composición[editar | editar a fonte]

O Parlamento de Cantabria é elixido en réxime de circunscrición única, xa que é unha Comunidade uniprovincial. O número total de deputados é de 39, aínda que pode ter un número variable entre 35 e 45. Os deputados exercen o seu cargo durante catro anos e gozan de inviolabilidade por actividades realizadas no exercicio do seu cargo (votos, opinións etc.)

Grupos parlamentarios no Parlamento de Cantabria

Nome Partidos Voceiro Líder Escanos
Grupo Parlamentario Popular (GPP) Partido Popular Eduardo Van den Eynde Ignacio Diego (Presidente) 20
Grupo Parlamentario Rexionalista (GPR) PRC Rafael de la Sierra Miguel Ángel Revilla 12
Grupo Parlamentario Socialista (GPS) PSC-PSOE Rosa Eva Díaz Tezanos Lola Gorostiaga 7

Órganos[editar | editar a fonte]

Está composto pola Mesa, a Xunta de Portavoces, a Diputación Permanente e as Comisións Permanentes.

Mesa[editar | editar a fonte]

Presidente

  • José Antonio Cagigas (PP).

Ostenta a representación do Parlamento, asegura a boa marcha dos traballos deste e dirixe e ordena os debates plenarios. Correspóndelle cumprir e facer cumprir o Regulamento, interpretándoo en caso de dúbida e suplíndoo nos de omisión. Desempeña, así mesmo, todas as demais funcións que lle confire o Estatuto de Autonomía, as leis e o Regulamento da Cámara.

Vicepresidentes

  • Luis Carlos Albalá, vicepresidente primeiro (PP).
  • Francisco Javier López Marcano, vicepresidente segundo (PRC).

Substitúen ao Presidente, de acordo coa orde establecida, exercendo as súas funcións cando se producen vacantes, ausencias ou imposibilidade daquel. Desempeñan, igualmente, aqueloutras funcións que lles sexan encomendadas ou delegadas polo Presidente.

Secretarias

  • Ruth Beitia, secretaria primeira (PP).
  • Dolores Gorostiaga, secretaria segunda (PSC-PSOE).

Supervisan e autorizan, co visto e prace do Presidente, as actas das sesións plenarias, da Mesa e da Xunta de Portavoces. Nas sesións plenarias asisten ao Presidente para asegurar a orde nos debates e a corrección das votacións.

Xunta de Portavoces[editar | editar a fonte]

A Xunta de Portavoces está constituída polos portavoces dos Grupos Parlamentarios, que se reúnen baixo a presidencia do presidente do Parlamento. Ás súas reunións pode asistir un representante do Goberno.

  • Eduardo Van den Eynde (Grupo Parlamentario Popular).
  • Rafael de la Sierra (Grupo Parlamentario Rexionalista).
  • Rosa Eva Díaz Tezanos (Grupo Parlamentario Socialista).

Compételle pronunciarse sobre o calendario de sesións do pleno e das comisións, a fixación da orde do día dos plenos e a coordinación dos traballos dos distintos órganos parlamentarios.

Regulamento da cámara[editar | editar a fonte]

Tras 12 anos de traballos, en 2007 reformouse o regulamento interno que regula á cámara, versión en uso desde 1983. Este novo regulamento pretendeu axilizar a actividade parlamentaria, impedir o transfuguismo e garantir o control ao Goberno, ademais de fixar un 0,7% do orzamento anual para a cooperación ao desenvolvemento.[1]

Sede[editar | editar a fonte]

Fachada principal do edificio.

A sede do Parlamento cántabro é o antigo Hospital de San Rafael, situado en Santander. Foi inaugurado como sé da institución o 2 de xullo de 1982. Anteriormente, o Goberno cántabro e o Parlamento compartían sede no antigo edificio da Deputación Provincial de Santander en Puertochico.

Presidentes[editar | editar a fonte]

Patio interior.
José Antonio CagigasMiguel Ángel PalacioRafael de la SierraAdolfo PajaresEduardo ObregónGuillermo Gómez Martínez-CondeIsaac AjaJusto de las Cuevas

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Parlamento_de_Cantabria&oldid=4805459"