Partido Libertario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Partido Libertario ( P-Lib), é un partido libertario de España.

Historia[editar | editar a fonte]

Constituíse como Partido de la Libertad Individual o 2 de xullo de 2009 e inscribiuse como partido político o 10 de agosto daquel mesmo ano. No seu primeiro congreso, o P-Lib escolleu a Juan Pina como o seu presidente e o lugués Francisco Cacharro Gosende como o seu secretario xeral[1]. A súa primeira convocatoria electoral foron as eleccións xerais de 2011, onde presentou candidatura nas circunscricións de Zaragoza e Madrid. En 2014 adoptou o seu actual nome.

Ideoloxía[editar | editar a fonte]

A formación defínese como libertaria, mais segue unha postura liberal no económico, aliñada coa Escola Austríaca de Economía de Friedrich Hayek e Ludwig von Mises. Avoga por unha drástica redución das competencias das administracións públicas e o seu traslado á sociedade civil, e por unha devolución ao cidadán do poder para tomar as súas propias decisións coa mínima intervención do Estado.[2] Ten posturas tamén liberais no social: legalización das drogas, separación total entre relixión e Estado, respecto total cara á vida privada dos individuos, etc. Aposta por un estado federal e critica por igual o nacionalismo español e os nacionalismos galego, catalán ou vasco[3].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Partido_Libertario&oldid=4510111"