Patí Hoquei Club Sant Cugat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
CHP Sant Cugat
CidadeSant Cugat del Vallès, Cataluña Cataluña
Historia1967
Fundado1967
PavillónPavelló Municipal
PresidenteCataluña Miquel Soler
AdestradorCataluña Jordi Raga
Competición1ª División
Cores          Vermello e negro
Sitio web
Sitio web oficial

O Patí Hoquei Club Sant Cugat é un equipo de hóckey a patíns da localidade de Sant Cugat del Vallès, Cataluña. Actualmente compite na Primeira División, a segunda categoría do hóckey a patíns no Estado español.

Historia[editar | editar a fonte]

O P.H.C. Sant Cugat comezou a súa andaina como club de hóckey en 1967, cando varios equipos comezaron a realizar os seus adestramentos. Con todo non foi ata o 8 de decembro de 1969 cando o equipo xogou os seus primeiros partidos, nos que se enfrontou ao decano do hóckey a patíns español, o Cerdanyola CH, como culminación de dous anos de escola.

O club comezou con dous equipos e uns 15 xogadores. Formouse o equipo sénior, que pasou a militar na Segona Catalana, e sentáronse as bases do P.H.C. Sant Cugat formando a novos xogadores. A primeira pista do equipo sería a pista Méndez, unha pista descuberta.

En 1984, cos primeiros adestramentos, os rapaces que acudían á pista atopáronse o pavillón pechado. O daquela responsabletécnico Roc Mestres fixo cambiarse aos rapaces como se fosen adestrar e os puxo a patinar na rúa, o que provocou que en poucos minutos se producira un atasco que fixo acudir á zona ao concelleiro de deportes. Tras unha tensa reunión aclarouse a situación do malentendido.

Cores[editar | editar a fonte]

O negro e o vermello son as cores que representan ácidade e que dende o principio estiveron ligados al club, porén non sempre as dúas cores tiveron a mesma importancia e durante a década dos '80 o vermello cedeulle o protagonismo ao negro ata a actualidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Patí_Hoquei_Club_Sant_Cugat&oldid=5074053"