Pataghorobí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Pataghorobí
Ficha técnica
Título orixinalPataghorobí
DirectorRicardo Llovo
ProdutorJulio Casal
GuiónFrancisco X. Fernández
IntérpretesCésar Cambeiro, Antón Cancelas, Anxo Carbajal, Rocío Casal, Yolanda Castaño, Monti Castiñeiras, Antonio Durán "Morris", César Goldi, Luís Iglesia, Sonia Méndez, Víctor Mosqueira, Pepe Penabade, Julio Pereira, Laura Ponte, Nuria Prims, Nuria Sanz
MúsicaTeo Cardalda
Estrea2005
OrixeGalicia Galicia

Pataghorobí é unha longametraxe galega dirixida por Ricardo Llovo no ano 2005. Trátase dun thriller de 70 minutos de duración, a primeira TV movie das catro que conformaron o proxecto Un mundo de historias de Televisión de Galicia. A rodaxe da cinta levouse a cabo integramente na cidade de Vigo, sendo o primeiro telefilme rodado en galego.

Argumento[editar | editar a fonte]

Un escritor vigués recibe unha carta encadeada coa solicitude de que a reenvíe. Trátase da típica misiva que promete boa sorte se colaboras e ameaza coa desgraza en caso de non continuar coa cadea.

O protagonista non lle dá importancia ó asunto e desfaise do orixinal, aínda que garda unha copia pensando que quizais lle poida servir de inspiración nalgún relato que escriba no futuro.

Pouco despois danse unha serie de feitos desafortunados que fan que lembre aquela misteriosa carta.

Equipo técnico[editar | editar a fonte]

  • Dirección: Ricardo Llovo
  • Axudante de dirección: Lorena Vilas
  • Produción executiva: Antón Dobao
  • Dirección de arte: Rafa Ferreiro
  • Dirección de fotografía: Alberto Goitia
  • Dirección de produción: Mamen Quintas
  • Script: Xose Antón Perozo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pataghorobí&oldid=4905866"