Pedro Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pedro Alonso
HospitalReal01 (cropped).jpg
Nome completoPedro Alonso
Alcume/outrosPedro Alonso
Nacemento21 de xuño de 1971
LugarVigo
NacionalidadeEspaña
Educado enRESAD
FillosÚriel
Profesiónactor
editar datos en Wikidata ]

Pedro Alonso, nado en Vigo o 21 de xuño de 1971, é un actor galego. É licenciado pola Real Escola Superior de Arte Dramática e realizou estudos tamén de teatro e danza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Conseguiu popularidade en famosas teleseries autonómicas: fixo o papel de Pedro en Rías Baixas e protagonizou Padre Casares, unha das series do prime time da Televisión de Galicia con maior audiencia. Participou tamén noutras menos populares como Maridos e Mulleres ou O espello.

No ámbito nacional traballou en "A las once en casa", "Todos los hombres sois iguales", "Condenadas a entenderse", "Mediterráneo" "Gran Hotel" ou "Código fuego", esta última xunto a Maribel Verdú e José Coronado.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • La playa de los ahogados (2014). Dirixida por Gerardo Herrero. Como Arias
  • 18 comidas (2010). Dirixida por Jorge Coira. Como Vladimir Torres.
  • La noche del hermano (2005). Dirixida por Santiago García de Leániz. Como porteiro disco.
  • El calentito (2005). Dirixida por Chus Gutiérrez. Como Marcos.
  • Noviembre (2003). Dirixida por Achero Mañas. Como garda.
  • Flores de otro mundo (1999). Dirixida por Icíar Bollaín.
  • Insomnio (1998). Dirixida por Chus Gutiérrez. Como Miguel
  • Niño nadie (1997). Dirixida por José Luis Borau. Como Alex.
  • Las vacaciones de Clara (1997). Dirixida por Javier Baudoin. Como Alan.
  • Tengo una casa (1996). Dirixida por Mónica Laguna. Como Ferrari.
  • Alma gitana (1996). Dirixida por Chus Gutiérrez. Como Antonio.
  • Paranoia dixital (1996). Dirixida por Ángel de la Cruz. Como chavalote.

Telefilmes[editar | editar a fonte]

  • A Bela Otero (2008). Dirixida por Jordi Frades. Como Venancio Romero.[1]
  • A Atlántida (2005). Dirixida por Belén Macías. Como Boris.

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

  • El pliegue del hipocampo (1997). Dirixida por Covadonga Icaza. Como Xavi.
  • Hábitos (1995). Dirixida por Juan Flahn.

Series de televisión[editar | editar a fonte]

Fixo[editar | editar a fonte]

Episódico[editar | editar a fonte]

  • La casa de papel (2017). Antena 3
  • RIS Científica (2007). Telecinco. Como Héctor. Audiencia: 2.375.000 espectadores (14,7%)
  • A vida por diante (2006). TVG.
  • Hospital Central (2005). Telecinco. Como el boxeador Curro Gómez. Audiencia: 4.782.000 espectadores (30,3%)
  • El Comisario (2002). Telecinco. Audiencia: 3.759.000 espectadores (22,2%)
  • Raquel busca su sitio (2000). TVE 1.
  • Todos los hombres sois iguales (1997). Telecinco. Como Raúl

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Título Resultado
2013 Mellor interpretación masculina secundaria Gran Hotel Nomeado
2010 Mellor interpretación masculina protagonista Padre Casares Nomeado
2009 Mellor interpretación masculina protagonista Padre Casares Nomeado
2008 Mellor interpretación masculina protagonista Padre Casares Nomeado

Festival de Televisión de Montecarlo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2008 Ninfa de Oro ao Mellor actor Padre Casares Nomeado

Festival de Cine de Bogotá[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
1996 Mellor actor Tengo una casa Candidato

Festival de Cine de Comedia de Peñíscola[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
1998 Mellor actor Insomnio Candidato

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cunha audiencia en Galicia (o 8 de xaneiro de 2008) de 135.000 espectadores (16,9%) e en Cataluña (o 1 de xaneiro de 2008) de 379.000 espectadores (16,1%) [1][Ligazón morta].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pedro_Alonso&oldid=5216965"