Pedro Passos Coelho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pedro Passos Coelho
Pedro Passos Coelho 1.jpg
Primeiro Ministro de Portugal
Período21 de xuño de 2011 - actualidade
AntecesorJosé Sócrates
Datos persoais
Nacemento24 de xullo de 1964
 Coimbra
OrganizaciónPSD
CónxuxeFátima Padinha (div.)
Laura Ferreira
Alma máterUniversidade de Lisboa
Profesióneconomista e político
Relixióncatolicismo
Accession Treaty 2011 Pedro Passos Coelho signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Pedro Manuel Mamede Passos Coelho nado en Coímbra o 24 de xullo de 1964[1], é un economista e político portugués, ex-Primeiro Ministro do seu país entre 2011, cando herdou o cargo de José Sócrates, e 2015, cando foi substituído por António Costa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasou a súa infancia entre Silva Porto (hoxe Kuito) e Luanda en Angola,[1] onde o seu pai exerceu a medicina. Regresou a Portugal cando tiña 9 anos[1] e estableceuse coa súa familia en Vale de Nogueiras e estudou no Liceo Nacional Camilo Castelo Branco, en Vila Real.

Ao catorce anos uniuse á Mocidade Social Demócrata, onde foi membro do Consello Nacional, entre 1980 e 1982, e chegou á presidencia da Comisión Política en 1990, ocupando o cargo até 1995.[1] Foi deputado na Asemblea Nacional, pola circunscrición de Lisboa, entre 1991 e 1999, onde se uniu á Asemblea Parlamentaria da OTAN até 1995 e foi vicepresidente do Grupo parlamentario do Partido Socialdemócrata -PSD, desde 1996 a 1999. Presentouse como candidato para alcalde de Amadora e foi elixido rexedor entre 1997 e 2001.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,21,31,4 Goberno de Portugal. "Biografía" (en portugués). Consultado o 14 de agosto de 2011. 


Predecesor:
José Sócrates
 Flag of the Prime Minister of Portugal.svg
Primeiro Ministro de Portugal
 
2011 - 2015
Sucesor:
António Costa
Primeiro Ministro de Portugal

Segue a:
José Sócrates
Pedro Passos Coelho
Precede a:
António Costa
PSD
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pedro_Passos_Coelho&oldid=5156981"