Pegasus Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pegasus Airlines
TC-AAZ 737 Pegasus ARN.jpg
IATA
PC
OACI
PGT
Indicativo
SUNTURK
Fundación1990
Plan de voo frecuentePegasus Plus
Frota74
Destinos103
HoldingESAS Holding
Eslogan da compañíaWe Didn't Start Aviation In Turkey, But We Transformed It.
SedeIstanbul
Páxina web: https://www.flypgs.com

Pegasus Airlines é unha aeroliña de baixo custo turca con sede en Istanbul con bases en varios aeroportos de Turquía.

Historia[editar | editar a fonte]

O 1 de decembro de 1989 dúas empresas, Net e Silkar, asociáronse con Aer Lingus para crear unha aeroliña de voos chárter inclusiva chamada Pegasus Airlines. Os seus servizos comezaron o 15 de abril de 1990 con dous avións Boeing 737-400. Porén, catro meses despois do seu lanzamento, Iraq invadiu Kuwait e os sete meses de ocupación que seguiron tiveron un serio efecto no turismo turco. Cara 1992 os turistas comezaron a regresar ao país e Pegasus medou coa compra dun terceiro 737-400. A aeroliña alugou dous Airbus A320 máis para poder satisfacer a demanda do verán.

Despois de dous anos positivos, Aer Lingus e Net venderon as súas accións na compañía en 1994 á empresa de Istambul Yapi Kredibank, convertendo a Pegasus nunha aeroliña completamente turca.

O 4 de setembro de 1997 Pegasus realizou un pedido por un 737-400 e un 737-800 a Boeing Commercial Airplanes, sendo a primeira aeroliña turca en mercar un Boeing 737 Next Generation. A aeroliña tamén asinou acordos de aluguer por 10 737-800 máis con ILFC.

En xaneiro de 2005 ESAS Holdings mercou Pegasus Airlines e nomeaou a Ali Sabanci presidente. Dous meses despois converteu a compañía nunha aeroliña de baixo custo. En novembro dese mesmo ano Pegasus pediu 12 novos 737-800 e en novembro de 2008 pediría 12 aparellos máis do mesmo modelo. Este último pedido era flexible, e podía ser cambiado por avións 737-700 de 149 asentos ou por 737-900 de 215 dependendo da demanda do mercado.

En 2007 Pegasus transportou máis pasaxeiros en Turquía que calquera outra aeroliña privada. En 2008 transportou a 4,4 millóns de pasaxeiros, e en 2013 esa cifra aumentou ata os 16,8 millóns.

En 2012 a aeroliña asinou un contrato pola compra de ata 100 avións da familia A320neo, dos cales 75 era pedidos en firme (57 A320neo e 18 A321neo models). Pegasus converteuse nun novo cliente de Airbus e a primeira aeroliña turca en pedir o A320neo. Este foi o pedido único máis grande da aviación comercial turca ata ese momento.[1] En xuño dese ano Pegasus Airlines mercou o 49% da aeroliña kirguiz Air Manas. O 22 de marzo de 2013 a compañía operou o seu primeiro nome baixo a marca Pegasus Asia.

A compañía ofreceu o 34,5% das súas accións ao público. Estas comezaron a ser comercializadas na bolsa de Istambul o 26 de abril de 2013.[2]

Frota[editar | editar a fonte]

En outubro de 2017 a frota de Pegasus Airlines estaba formada polos seguintes avións:[3]

Pegasus Airlines fleet
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Y Total
Airbus A320-200 12 180 180
Airbus A320neo 12 45 186 186 Entregas ata 2022[4][5]
Airbus A321neo 18 220 220
Boeing 737-800 50 5[6] 189 189 8 operados por IZair
Total 74 68

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Airbus (ed.). "Pegasus selects up to 100 A320neo Family Aircraft". Consultado o 2 de novembro de 2017. 
  2. Hürriyet (ed.). "Pegasus Hava Yolları işlem görmeye başladı". Consultado o 2 de novembro de 2017. 
  3. Pegasus Airlines (ed.). "Fleet Information". Consultado o 2 de novembro de 2017. 
  4. Bloomberg (ed.). "Airbus Ousts Boeing at Pegasus With $12 Billion A320neo Dea". Consultado o 2 de novembro de 2017. 
  5. CFM (ed.). "Pegasus Selects LEAP-1A Engine for A320neo fleet". Consultado o 2 de novembro de 2017. 
  6. Boeing (ed.). "Orders & Deliveries". Consultado o 2 de novembro de 2017. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pegasus_Airlines&oldid=4731954"