Perfecto Conde Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Perfecto Conde Fernández
Perfecto Conde Fernández, médico gallego del siglo XIX.jpg
Nacemento1 de decembro de 1847
 Celanova
Falecemento1 de decembro de 1903
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédico
editar datos en Wikidata ]

Perfecto Conde Fernández, nado en Celanova o 1 de decembro de 1847 e finado en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1903, foi un médico e profesor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Conde Calvete, avogado e administrador dos condes de Ximonde e de María del Carmen Fernández Torrado. En 1861 cursou os estudos de bacharelato no Instituto de Santiago, comenzando a licenciatura de Medicina en 1866 na Facultade compostelá, culminando co grao de doutor o 23 de xuño de 1873 na mesma Universidade.

Foi profesor de Histoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e despois catedrático de Histoloxía, Histoquímica e Anatomía patolóxica da Facultade de Medicina da mesma universidade do 26 de decembro de 1892 ao 30 de decembro de 1903.[1]

Casou no Pazo de Anzobre con Elisa Puga Blanco[2], irmá de Luciano Puga Blanco[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ramón Varela de la Iglesia. Positivismo e Histología en Fonseca". Fernández Teijeiro, Juan José. Tese de doutoramento, publicada pola Universidade de Santiago de Compostela.
  2. Blanco Rey, Manuel (1999). "D. Luciano Mª Puga Blanco (1842-1899): un personaje rescatado del olvido" (PDF). Anuario Brigantino 22: 189–206. Consultado o 17 de decembro de 2012.  (en castelán)
  3. "O proceso penal a Manuel Curros Enríquez", por Benito Montero Prego. Consello de Cultura Galega. Colexio de Avogados de Ourense

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Perfecto_Conde_Fernández&oldid=4970663"