Pica d'Estats

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pica d'Estats

A Pica d'Estats (Pique d'Estats en francés) é unha das montañas máis altas da cordilleira dos Pireneos. Ten unha altura de 3.143 metros e atópase na fronteira entre España e Francia. Tamén é o pico máis alto de Cataluña.

Localización e descrición[editar | editar a fonte]

Atópase entre a comarca do Pallars Sobirà e Ariège, situada ao final da Vallferrera e da ribeira de Sotllo, formada por tres picos, pouco separados o un do outro. O pico central, é o máis alto (3143 m.), o pico occidental ou pico de Verdaguer (3131 m.) e o pico oriental ou punta Gabarró (3115 m.), que é o vértice xeodésico. A cadea coincide exactamente coa fronteira de Occitania pertencente a Francia, cunha orientación xeral que vai de Norte, Noroeste a Sueste.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pica_d%27Estats&oldid=5089863"