Pico da Maladeta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pico da Maladeta

O Pico da Maladeta é un cume montañoso de 3.308 msnm próxima ao Pico Aneto. Atópase situado no Parque Natural Posets-Maladeta, no municipio de Benasque, provincia de Huesca, comunidade autónoma de Aragón, en España. Na súa ladeira norte reside o denominado Glaciar da Maladeta, cunhas 37 ha de superficie total. Atópase fraccionado en dous partes, Maladeta occidental (6 ha) e oriental (31 ha)[1].

Antigamente, a Maladeta estaba considerado o pico máis alto da zona, e os intentos por chegar á súa cima foron anteriores ao resto de picos do macizo homónimo. En concreto, a primeira ascensión tivo lugar polo médico e naturalista Friedrich von Parrot, o 28 de setembro de 1817.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Glaciares do macizo da Maladeta". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2009. Consultado o 08 de xullo de 2009. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pico_da_Maladeta&oldid=5089923"