Portal:Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hoxe é luns, 14 de outubro de 2019
Benvido(a) ao portal Galicia, a portada temática sobre Galicia, da Wikipedia en lingua galega.


O desenvolvemento do portal Galicia, ao igual que o resto do contido da Wikipedia, está aberto a toda persoa interesada en contribuír.   Xa temos máis de 33.333 artigos relacionados con Galicia.

Benvida Bullet red.png Guía Bullet red.png Preguntas frecuentes Bullet red.png Políticas Bullet red.png Axuda

Wbar blue.jpg
Flag of Galicia.svg

Galicia ou Galiza é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente desde 1978 como Comunidade Autónoma segundo a Constitución española e con estatuto de nacionalidade histórica no seu Estatuto de Autonomía, dentro do Reino de España. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co Océano Atlántico, ao norte co Mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, similar e de orixe común co portugués, e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. Santiago de Compostela é a capital cun estatuto especial, dentro da provincia da Coruña. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol.

Wbar blue.jpg
Calacú cuchufleta (5133302036).jpg

O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh. Historicamente, foi amplamente celebrado en Irlanda, Escocia e a Illa de Man. Festividades semellantes celébranse na mesma época do ano noutros territorios celtas, como as britónicas Calan Gaeaf (en Gales), Kalan Gwav (en Cornualles) e Kalan Goañv (na Bretaña), sendo estas dúas pólas da festividade igual de antigas. En Galicia, é unha celebración que se está a recuperar e promocionar dende a década de 1990, que está baseada na tradición do Día dos Fieis Defuntos, na de tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como espíritos ou pantasmas.

No século IX, a igrexa cristiá cambiou a data do Día de Tódolos Santos dende o mes de maio até o 1 de novembro, ó tempo que o 2 de novembro se converteu no Día dos Fieis Defuntos. Co tempo, o Samaín e o Día de Tódolos Santos fusionáronse para crear a moderna festa do Halloween. Os historiadores empregaron o termo 'Samaín' para referirse ós costumes celtas do 'Halloween' até o século XIX. Dende finais do século XX, os neopagáns celtas e a Wicca consideran o Samaín, ou algo baseado nel, como unha festividade relixiosa.


← O mes pasado Bullet red.png O mes que vén →
Vexa o mes de outubro na cultura popular galega




Portada da enciclopedia ]


Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Portal:Galicia&oldid=4747389"