Praia de Covas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Praia de Covas
Playacovas.jpg
Vista da praia de Covas.
Posto de primeiros auxilios Accesible a discapacitados
Características xerais
Lonxitude1650 m
Largo medio70 m
Grao de ocupaciónAlto
Grao de urbanizaciónPraia semiurbana
Paseo marítimoYes check.svg
Características específicas
ComposiciónArea
Tipo de areaFina e branca
Condicións do bañoOndada moderada
Aspectos medioambientais
Presenza de vexetaciónSi
Seguridade
Equipo de vixilanciaSi
Sinalización do perigoSi
Policía localSi
Equipo de salvamentoSi
Accesibilidade
Accesible a discapacitadosYes check.svg
Tipo de accesoFácil a pé
Sinalización do accesoYes check.svg

A praia de Covas, é unha praia de 1650 m de lonxitude, situada no concello de Viveiro. Esta praia goza de instalacións e servizos, e de alta ocupación na tempada estival, dotada de paseo marítimo, de augas tranquilas, con equipos de salvamento e seguridade e acceso para minusválidos.

Na parte occidental da praia hai unhas rochas sobresaíntes coñecidas coma Os Castelos. Nestas rochas levántase un monumento dedicado á lembranza da fragata Santa María Magdalena e do bergantín Palomo que naufragaron xuntos nunha noite de terrible temporal, o ano 1810 causando máis de 500 vítimas.[1] Restos do naufraxio adornan algúns cantos da cidade: canóns no Parque de Pernas Peón, xunto á praia de Covas, e áncoras nalgunha praza da zona urbana, e no propio monumento dos Castelos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Museo Naval de Ferrol - Armada Española". armada.mde.es. Consultado o 15 de febreiro de 2011. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Praia_de_Covas&oldid=4806630"