Punto Radio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Logotipo de Punto Radio

Punto Radio foi unha cadea xeralista de radio española pertencente ao grupo Vocento. No seu accionariado ademais participou o xornalista Luis del Olmo e Televisión Castilla y León. Foi fundada en 2004 co obxectivo de facerse un oco xunto ás grandes cadeas do país (SER, COPE, Onda Cero e RNE) e logo de algo máis dun ano de vida o Estudo Xeral de Medios cifrou a súa audiencia por encima dos 500.000 oíntes. As súas emisións regulares empezaron o 6 de setembro de 2004 coa emisión de Protagonistas desde a histórica biblioteca do diario ABC. No EGM de novembro de 2010 tiña 488.000 oíntes.[1]

Emitiu a través da radio dixital DAB polo múltiplex MF-II, en TDT, FM e AM.

Nalgunhas provincias emitiu ademais unha segunda cadea baixo o nome Punto Radio Música y Deporte Regional.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Resumo xeral de resultados EGM" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de febreiro de 2011. Consultado o 15 de xullo de 2011. 
  2. Nueva Rioja SA. "Nace Punto Radio Música e Deporte Riojano". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2009. Consultado o 1 de decembro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Punto_Radio&oldid=4907448"