Quorthon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Quorthon
Nacemento17 de febreiro de 1966
 Estocolmo
Falecemento3 de xuño de 2004
 Estocolmo
CausaInfarto agudo de miocardio
NacionalidadeSuecia
Ocupaciónmúsico, guitarrista, cantante, Produción musical e baterista
PaiBörje Forsberg
IrmánsJennie Tebler
editar datos en Wikidata ]

Thomas "Quorthon" Forsberg, nado o 17 de febreiro de 1966 e finado o 7 de xuño de 2004, foi un músico sueco, fundador e compositor da banda pioneira do Black metal e Viking Metal Bathory. Compositor e letrista de tódalas cancións da banda, está considerado o pai de ámbolos xeneros musicais.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Quorthon formou a banda Bathory no ano 1984 cando contaba con 18 anos. Nos primeiros álbums crea un estilo que moitas bandas tratarían de emular tempo despois, o Black Metal coma tal aparece por vez primeira nestes discos.

A comezos dos 90, toma o control total da banda, adicándose a profundizar no traballo de estudio e contratando músicos de sesión cando lle era preciso. En moitas ocasións tamén empregaba baterías sintéticas.

En 1993 deixa a Bathory aparcado por un tempo, sacando dous discos baixo o nome de "Quorthon". O primeiro foi chamado Album (1994) e o seguinte Purity of Essence (1997). Aquí atopamos unha música máis orientada ao Rock, alonxándose do que habitualmente fai con Bathory.

Os seguintes discos foron en certo xeito unha volta ao estilo dos primeiros, mais non tiveron o exito daqueles. En 1996 Quorthon lanza Blood on Ice un albúm conceptual gravado en 1989 pero que non fora editado naqueles intres porque consideraba que estaba por rematar. Continuaría por este camiño coa saga Norland, facendo un intermedio con Destroyer of Worlds que é unha mistura dos estilos que veu desenvolvendo durante toda a súa carreira.

Foi atopado morto dun ataque ó corazón o 7 de xuño do 2004 no seu apartamento. [1] Tiña 38 anos e xa anteriormente sufrira dalgúns problemas de corazón.

O seu pai, Börje "Boss" Forsberg, é o propietario de Black Mark Productions, o selo discográfico independente que Quorthon fundou e baixo o que editou tódalas súas gravacións.

Discografia[editar | editar a fonte]

Con Bathory

  • Bathory (1984)
  • The Return (1985)
  • Under the Sign of the Black Mark (1986)
  • Blood Fire Death (1988)
  • Hammerheart (1990)
  • Twilight of the Gods (1991)
  • Requiem (1994)
  • Octagon (1995)
  • Blood On Ice (1996)
  • Destroyer of Worlds (2001)
  • Nordland I (2002)
  • Nordland II (2003)

Coma Quorthon

  • Album (1994)
  • Purity of Essence (1997)

Equipo empregado[editar | editar a fonte]

  • Ibanez Destroyer I
  • Gibson electric guitars
  • Gibson electric bass guitars
  • Dean Markley Strings
  • Jim Dunlop picks
  • Marshall amps

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Quorthon&oldid=4971453"