Río Eo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Río Eo
Ribadeo01.jpg
PaísEspaña España
Comunidades AutónomasGalicia Galicia
Principado de Asturias Asturias [1]
NacementoFonteo (Baleira) [1][2]
Altitude597 m
Lonxitude99 km [1]
Conca828 km² [1]
Caudal medio19,61 m³/s [1]
Caudal relativo23,68 L/s/km²
DesembocaduraRía de Ribadeo / Mar Cantábrico[1]
Altitude desembocadura0 m
Hidrogalicia rio eo.svg
Conca do río Eo no territorio galego, marcada en azul escuro
O río Eo na ría de Ribadeo, en primeiro termo a zona ZEPA

O río Eo é un curso fluvial do noroeste da Península Ibérica que discorre por terras de Galicia e Asturias, delimitando ao cabo a fronteira entre ambas. Desemboca no mar Cantábrico pola ría de Ribadeo. A súa cunca ten unha extensión duns 819 km², dos que 3/4 atravesan terreo galego. É apto para a pesca de salmóns.

Historia[editar | editar a fonte]

O nome provén do vocábulo Ego, que en tempos romanos alternou con Egoba, e así o testemuña Plinio ao falar dos Egobarri, os habitantes da beira da ría. De Ego vén Eo e tamén as formas medievais Iuve (775), Euve (875), e finalmente Ove (905-), nome dunha parroquia de Ribadeo, próxima á Ría.

Sen prexuízo do anterior, durante séculos o seu decurso inferior designouse como Río de Miranda, e a parte inicial do seu esteiro como Ría de Abres, aceptando como límite aproximado entre a ría de Abres e a Ría e Ribadeo a ponte estradal de Porto, Ribadeo.

Ruta do ferrocarril. Cartel da central eléctrica do Louredal
Ruta do ferrocarril. Cartel da central eléctrica do Louredal

Pola súa ribeira, a comezos do século XX, construíuse dende Vilaoudriz a Ribadeo un ferrocarril mineiro que contribuiu a dinamizar toda a zona. Asemade, coa electrificación comezou a construción de pequenas centrais hidroeléctricas, como a do Louredal, erixida en 1932 para unha futura fábrica de vidro óptico en Santiso de Abres que non chegou a funcionar.

Captación de auga para Ribadeo e Trabada
Captación de auga para Ribadeo e Trabada

O río ten diversas captacións de auga, como a que subministra a Ribadeo e Trabada, que colle auga por riba da desembocadura do río Ouria.

Datos[editar | editar a fonte]

  • Nacemento: Fonteo, Baleira, Lugo, Galicia
  • Desembocadura: Mar Cantábrico, formando a ría de Ribadeo, entre Ribadeo (Galicia) e Castropol (Asturias)
  • Lonxitude: 91,5 km
  • Afluentes principais
  • Outros afluentes
    • Polo oeste: río Liñeiras, río Ouria
    • Polo leste: río de Ríotorto, río Trabada
  • Maquinaria da Central eléctrica do Louredal, río Eo, en Naraído, Santiso de Abres, Asturias
    Maquinaria da Central eléctrica do Louredal, río Eo, en Naraído, Santiso de Abres, Asturias
    Poboacións que atravesa: A Pontenova en Galicia; Santiso de Abres e Abres, en Asturias. Desemboca cerca da Veiga dando lugar á mencionada ría.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,21,31,41,5 CHC. "Ficha do río Eo". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2019. Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 
  2. Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°03'44.2"N 7°15'45.5"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Río_Eo&oldid=5253999"