Radio Televisión Canaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Radio Televisión Canaria (RTVC) é un ente autonómico público de televisión e radio dependente do Goberno das Canarias, cuxa sede principal atópase na cidade de Santa Cruz de Tenerife.

Historia[editar | editar a fonte]

O proxecto de creación desta canle xorde en decembro de 1984 coa promulgación da lei 8/1984 da Comunidade Autónoma das Canarias relativa á Radiodifusión e Televisión Canaria. En xuño de 1997 constitúese o primeiro Consello de Administración de Radio Televisión Canaria (en diante, RTVC). En febreiro de 1998 é creada a sociedade mercantil Televisión Pública das Canarias, S.A, con capital integramente proveniente de fondos públicos do Goberno das Canarias e pertencente na súa totalidade ao ente público RTVC.

Non será ata o 21 de agosto de 1999 e baixo a denominación de Televisión Autonómica das Canarias (TVAC) cando a canle pública comece as súas emisións. En maio de 2001, o Canal Canarias enteiramente turístico, deixa de emitir para reconvertelo na canle internacional do ente público (de maneira análoga ao resto de televisións públicas autonómicas con sinal internacional) Televisión Canaria Internacional, onde se difundirán tanto os informativos como os programas de produción propia da canle. O 5 de xullo de 2001 a RTVC pasa a formar parte da Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos (FORTA). O 15 de outubro de 2001 a canle de televisión pasa a chamarse Televisión Canaria.

O 30 de maio de 2002 a RTVC lanza o servizo de teletexto, aínda que non sería ata 2006 cando chega a subtitulación para persoas xordas. O 10 de outubro de 2005 comézanse a emitir en desconexión os informativos insulares para cada unha das sete illas do arquipélago canario; os cales poden ser vistos polo resto de canles a través da segunda canle de TDT: 2!, cuxas emisións comezan a partir do 30 de maio de 2006 que posteriormente pasaría a denominarse Televisión Canaria Dos.

O 30 de maio de 2008 con motivo da celebración do Día das Canarias (como na maioría de ocasións relevantes para o ente), lánzase a emisión en probas de Canarias Radio, unha radio de cobertura autonómica, xestionada pola empresa pública Radio Pública Canaria, S.A..

Canles[editar | editar a fonte]

  • Televisión Canaria: de carácter xeralista.
  • Televisión Canaria Dos: actualmente sen emisión.
  • Televisión Canaria NET: canle internacional.
  • Canarias Radio La Autonómica: de carácter xeralista.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Radio_Televisión_Canaria&oldid=4979417"