Rafael Gasset Chinchilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rafael Gasset Chinchilla
Rafael Gasset.JPG
Nacemento23 de novembro de 1866
 Madrid
Falecemento11 de abril de 1927
 Madrid
SoterradoGalapagar
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico, xornalista e avogado
PaiEduardo Gasset Artime
FillosRicardo Gasset Alzugaray
editar datos en Wikidata ]

Rafael Gasset Chinchilla, nado en Madrid o 23 de setembro de 1866 e falecido na mesma cidade o 11 de abril de 1927, foi un avogado, xornalista e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Eduardo Gasset Artime, iniciou a súa carreira política como membro do Partido Conservador obtendo un escano por Cuba nas eleccións de 1891. Nos sucesivos procesos electorais foi elixido deputado polos distritos da Estrada (1893-1896), Noia (1893-1910) e Vigo (1923). Nesta etapa como conservador foi ministro de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas en dúas ocasións, sendo o primeiro ministro de Agricultura do estado. Partidario do rexeneracionismo, desenvolveu campañas en prol do desenvolvemento económico, especialmente agrícola, do país. A el débense as leis de sindicatos agrícolas (1906) e de obras públicas (1911).

En 1905 abandonou o Partido Conservador, pasando a militar no Partido Liberal co que seguiu sendo elixido deputado ata 1923 polas circunscricións da Coruña, Cidade Real e Pontevedra. Como Liberal foi elixido ministro de Fomento en sete ocasións.

Sucedeu ao seu pai na dirección de El Imparcial desde 1884, actuando tamén como correspondente en Cuba. O seu fillo Ricardo Gasset Alzugaray fixo carreira política baixo a súa dirección e tamén foi director de El Imparcial.

Casou con María Alzugaray Lapeye, filla do político Ricardo Alzugaray Yanguas[1].

Retrato de Rafael Gasset Chinchilla en Coruña Moderna, 1905.


Predecesor:
Alejandro Pidal y Mon
Francisco Javier González de Castejón y Elío
 ministro de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas 
18 de abril a 23 de outubro de 1900
20 de xullo a 15 de decembro de 1903
Sucesor:
Joaquín Sánchez de Toca
Manuel Allendesalazar Muñoz
Predecesor:
Álvaro de Figueroa y Torres
Augusto González Besada Mein
Fermín Calbetón y Blanchón
Miguel Villanueva y Gómez
Amós Salvador Rodrigáñez
Luis Rodríguez de Viguri
 Ministro de Fomento 
1 de decembro de 1905 - 6 de xullo de 1906
30 de novembro - 4 de decembro de 1906
21 de outubro de 1909 - 9 de febreiro de 1910
2 de xaneiro de 1911 - 12 de marzo de 1912
24 de maio - 27 de outubro de 1913
30 de abril de 1916 - 19 de abril de 1917
7 de decembro de 1922 - 3 de setembro de 1923
Sucesor:
Francisco de Federico Martínez
Fermín Calbetón y Blanchón
Miguel Villanueva y Gómez
Francisco Javier Ugarte Pagés
Martín Rosales Martel
Luis de Armiñán Pérez

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rafael_Gasset_Chinchilla&oldid=4744846"