Raimundo Vidal Pazos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Raimundo Vidal Pazos
Raimundo Vidal Pazos 1936.jpg
Nacemento8 de decembro de 1889
 Marín
Falecemento18 de abril de 1976
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónavogado
PremiosCruz de Honra da Orde de San Raimundo de Peñafort
editar datos en Wikidata ]

Raimundo Julian Vidal Pazos, nado en Marín o 8 de decembro de 1889 e finado en Vigo o 18 de abril de 1976[1], foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Peregrina Pazos Landín e José Vidal. Estudou no Seminario de Santiago de Compostela onde cursou a carreira eclesiástica que non rematou. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Fundador e presidente da Junta de Defensa de Marín, foi propulsor do movemento popular de incautación da Lonxa e da marcha sobre Pontevedra na súa defensa. Dirixiu o semanario Marín ata outubro de 1913, no que colaborou posteriormente. Foi oficial do concello de Moaña (1914). Vinculado ao agrarismo, colaborou en El Progreso, foi secretario da Federación Agraria de Marín (1922), dirixiu La Voz del Campo, foi correspondente en Marín de Galicia e presidente da Federación Provincial Agraria de Pontevedra. Como presidente da Federación de Pontevedra foi un dos animadores da campaña anticaciquil de 1930 xunto con Portela Valladares e Ramón Salgado Pérez. Tamén foi un dos asinantes do pacto de Barrantes. En 1931 foi acusado de prácticas caciquís.

Durante a II República afiliouse á CEDA e foi nomeado gobernador civil de Palencia (do 21-12-1935 ao 6-2-1936) e Castelló (do 6-2-1936 ao 25-2-1936)

Fundador do Colexio de Avogados de Vigo, do que foi decano ata a súa morte, promoveu o Comité de Derecho Marítimo. Foi designado procurador nas Cortes españolas como representante dos Colexios de Avogados en 1961 e 1964. Ingresou na Real Academia de Xurisprudencia en 1968. Dirixiu a Revista Jurídica y Administrativa de Galicia.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Foi condecorado coa Gran Cruz de San Raimundo de Peñafort.
  • Unha rúa en Marín leva o seu nome.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Raimundo_Vidal_Pazos&oldid=4907676"