Ricardo Bescansa Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ricardo Bescansa Martínez
Рикардо Бесканса Мартинес.jpg
Nacemento12 de marzo de 1912
 Santiago de Compostela
Falecemento3 de novembro de 1986
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónemprendedor
editar datos en Wikidata ]

Ricardo Bescansa Martínez, nado en Santiago de Compostela o 12 de marzo de 1912 e finado na mesma cidade o 3 de novembro de 1986, foi un empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo primoxénito de Ricardo Bescansa Castilla e Felisa Martínez Sampelayo.[1] Licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1933.[1] Unha viaxe a Lisboa descubriulle a televisión, e desde 1955 empezou a facer probas con antenas. En 1958 creou con Amador Beiras a empresa Televés, e iniciou a venda de aparatos de recepción da sinal.

Foi presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1981-1986) e tío da política Carolina Bescansa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Manuel Jaime Barreiro Gil - Profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela. Decano da Facultade de Economía e Empresa. "Empresarios de Galicia - Ricardo Bescansa Martínez" (PDF). Fundación Galicia Empresa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24-03-2018. Consultado o 24-3-2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Barreiro Gil, Manuel Jaime (2006). "O engado da inovación" in Empresarios de Galicia. CIEF Centro de Investigación Económica e Financeira; Fundación Caixa Galicia. pp. 283–301. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ricardo_Bescansa_Martínez&oldid=5117173"