Richard Dawkins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Richard Dawkins
Richard Dawkins Cooper Union Shankbone.jpg
Nome completoClinton Richard Dawkins
Nacemento26 de marzo de 1941
 Nairobi
NacionalidadeReino Unido
EtniaPobo británico e White Africans of European ancestry
Relixiónateísmo agnóstico
Alma máterBalliol College, Oxford, Universidade de Oxford e Oundle School
Ocupaciónbiólogo evolutivo, etólogo, escritor de ciencia, divulgador científico, ensaísta, theoretical biologist, epistemologista, sociobiologist, guionista, biólogo, catedrático de universidade, escritor, zoólogo, actor, autor e xenetista
CónxuxeMarian Stamp Dawkins e Lalla Ward
Coñecido/a porThe Selfish Gene
Premiosmembro da Royal Society, Prêmio Kistler, Prêmio Michael Faraday, Prêmio Internacional Cosmos, Prêmio Lewis Thomas, Prémio Shakespeare, Humanist of the Year, Medal of the Presidency of the Italian Republic, Prémio Nierenberg, Silver Medal of the Zoological Society of London, sen etiquetar, honorary doctor of the Durham University, Fellow of the Royal Society of Literature, honorary doctorate of the University of Valencia, Fellow of the Committee for Skeptical Inquiry e Tinbergen Lecture
Richard Dawkins signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Clinton Richard Dawkins, nado en nado en Nairobi en 1941, é un etólogo, biólogo evolutivo e escritor inglés.

De pais británicos, a súa familia volveu desde Nairobi a Inglaterra en 1949. Educouse en Oxford e doctorouse baixo a tutela do Premio Nobel Niko Tinbergen. Dende 1967 ata 1969 foi profesor asistente na Universidade de California, Berkeley. En 1995 pasou a ocupar a cátedra "Simonyi para a Comprensión Publica da Ciencia" e fíxoo ata o 2008. Foi nomeado profesor emérito do New College, Universidade de Oxford.

Dawkins deuse a coñecer en 1976 grazas ao seu libro The Selfish Gene (O xene egoísta), que popularizou unha visión da evolución centrada nos xenes e que introduciu o concepto de meme. Co seu libro The extended phenotype (O fenotipo estendido) de 1982 introduciu na bioloxía evolutiva o feito de que os efectos fenotípicos dun xene non teñen porqué se limitar só aos individuos que os portan senón que poden ter un impacto ambiental.

Dawkins é ateo e criticou abertamente o creacionismo e o deseño intelixente. Na súa obra The Blind Watchmaker (O reloxeiro cego) (1986) argumentou a analoxía do reloxeiro, que versa sobre da crenza que a existencia dun creador supernatural explicaría a complexidade biolóxica dos organismos vivos. Usando o paradigma dun reloxeiro cego, describe como os procesos evolutivos derivados da reprodución, selección e mutación non os leva a cabo nin os guía ningún "creador". Dawkins argumentou en The God Delusion (Deus, un delirio) do 2006 que case seguro que non houbo ningunha entidade creadora e que a fe na creación por unha deidade é un delirio.

Dawkins tivo o recoñecemento de múltiples institucións e universidades, recibiu premios polas súas obras e participa habitualmente na televisión, a radio e Internet. As súas aparicións nestes últimos medios de difusión sóense tratar como as dun intelectual que rebate o teísmo.

Obra principal[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

  • Oxford University Press, eds. (1976). The Selfish Gene. Oxford. ISBN 0-19-286092-5. 
  • Oxford University Press, eds. (1982). The Extended Phenotype. Oxford. ISBN 0-19-288051-9. 
  • W. W. Norton & Company, eds. (1986). The Blind Watchmaker. New York. ISBN 0-393-31570-3. 
  • Basic Books, eds. (1995). River Out of Eden. New York. ISBN 0-465-06990-8. 
  • W. W. Norton & Company, eds. (1996). Climbing Mount Improbable. Nova York. ISBN 0-393-31682-3. 
  • Houghton Mifflin, eds. (1998). Unweaving the Rainbow. Boston. ISBN 0-618-05673-4. 
  • Weidenfeld & Nicolson (Reino Unido e países da Commonwealth), Houghton Mifflin (Estados Unidos), eds. (2003). A Devil's Chaplain. ISBN 978-0753817506. 
  • Houghton Mifflin, eds. (2004). The Ancestor's Tale. Boston. ISBN 0-618-00583-8. 
  • Bantam Press (Reino Unido), Houghton Mifflin (Estados Unidos), eds. (2006). The God Delusion. ISBN 0-618-68000-4. 
  • Transworld (Reino Unido e países da Commonwealth), Free Press (Estados Unidos), eds. (2009). The Greatest Show on Earth: The Evidence for Evolution. ISBN 0-593-06173-X. 
  • Bantam Press (Reino Unido), Free Press (Estados Unidos), eds. (2011). The Magic of Reality: How We Know What's Really True. ISBN 978-1-4391-9281-8. OCLC 709673132. 
  • Bantam Press, eds. (2013). An Appetite for Wonder: The Making of a Scientist. ISBN 978-0-06-228715-1. 
  • Bantam Press, eds. (2015). Brief Candle in the Dark: My Life in Science. ISBN 978-0062288431. 
  • Random House, eds. (2017). Science in the Soul: Selected Writings of a Passionate Rationalist. ISBN 978-1-4735-4166-5. 

Filmes e documentais[editar | editar a fonte]

  • Nice Guys Finish First (1986)
  • The Blind Watchmaker (1987)
  • Growing Up in the Universe (1991)
  • Break the Science Barrier (1996)
  • The Atheism Tapes (2004)
  • The Big Question (2005) – Part 3 da serie televisiva "Why Are We Here?"
  • The Root of All Evil? (2006)
  • The Enemies of Reason (2007)
  • The Genius of Charles Darwin (2008)
  • Faith School Menace? (2010)
  • Beautiful Minds (Abril de 2012)
  • Sex, Death and the Meaning of Life (2012)
  • The Unbelievers (2013)

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Richard_Dawkins&oldid=4777152"