Robert Newton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Robert Newton
RobertNewtonHighandMightyTrailerScreenshot1954.jpg
Nacemento1 de xuño de 1905
LugarShaftesbury
Falecemento25 de marzo de 1956
LugarBeverly Hills
CausaInfarto agudo de miocardio
SoterradoWestwood Village Memorial Park Cemetery
NacionalidadeReino Unido
Educado enSt Bartholomew's School
PaiAlgernon Newton
Profesiónactor de teatro, actor de cinema e actor de televisión
editar datos en Wikidata ]

Robert Newton, nado en Shaftesbury, Dorset, o 1 de xuño de 1905 e finado en Los Angeles o 25 de marzo de 1956, foi un actor inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa filmografía inclúe varios malvados famosos: Bill Sikes, na versión de Oliver Twist de David Lean (1948), Javert na película Les Misérables de 1952 e o Inspector Fix na súa derradeira película, Arredor do mundo en oitenta días (1956.

Mais o seu personaxe máis notábel é o de Long John Silver, no filme A Illa do Tesouro, de Walt Disney Pictures (1950). A este seguiron outro, sen relación, titulado Retorno á Illa do Tesouro (1954) e mesmo unha serie de televisión en 13 episodios. A súa representación de John Long Silver converteuse co tempo no prototipo do pirata. Newton tamén representou o outro famoso pirata de Bristol, Barbanegra, na película Barbanegra, pero nunca chegou á altura de Long John Silver.

Newton apareceu en papeis principais en dous filmes baseados na novela curta de W. Somerset Maugham O baixel da ira: o controlador holandés na versión de 1938 e o papel principal en The Beachcomber (1954). Protagonizou como o sombreireiro James Brodie O Castelo de Hatter (1945) e tamén estivo no Henrique V de Laurence Olivier (1944).

Sobre o escenario, apareceu en moitas obras de Noel Coward.

Xunto con Errol Flynn, Newton foi un dos actores máis populares entre o público xuvenil masculino dos anos 1940 e primeiros 1950, especialmente entre os británicos. Morreu dun ataque ao corazón aos 51 anos.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Fire Over England (1937)
  • Jamaica Inn (1939)
  • Major Barbara (1941)
  • This Happy Breed (1944)
  • Odd Man Out (1947)
  • Oliver Twist (1948)
  • Treasure Island (1950)
  • Tom Brown's Schooldays (1951)
  • Soldiers Three (1951)
  • Les Miserables (1952)
  • O pirata Barbanegra (1952)
  • Androcles and the Lion (1952)
  • The Desert Rats (1953)
  • The Beachcomber (1954)
  • The High and the Mighty (1954)
  • Return to Treasure Island (tamén coñecida como Long John Silver) (1954)
  • A volta ao mundo en oitenta días (1956)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Robert_Newton&oldid=5234970"