Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter

Roma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 41°53′N 12°30′L / 41.883, -12.500

Roma
Flag of Rome.svg
Insigne Romanum coronatum.svg
Collage Rome.jpg
Vistas da cidade
Localización
Roma en Italia
Roma
Roma
PaísItalia Italia
RexiónLacio
ProvinciaProvincia de Roma
Xeografía
Altitude20 msnm
Superficie1.285,31 km²
Demografía
Poboación2.856.133 hab. (2018)[1]
Densidade2.222 hab/km²
XentilicioRomano[2]
Outros datos
Código postal00100; 00121 a 00199
AlcaldeIgnazio Marino (PD)
Páxina oficial de Roma

Roma(AFI: /ˈroma/, It-Roma.ogg pronuncia ) é unha cidade de 2.856.133 habitantes (2018)[1], capital da República italiana e da rexión do Lacio, provincia de Roma. Con unha área de 1.285 km² é municipio máis grande de Italia e a quinta cidade máis grande de Europa despois de Moscova, [[Istambul}}, Londres e San Petersburgo. Así mesmo é o municipio máis poboado de Italia e a cuarta cidade máis poboada da Unión Europea despois de Londres, Berlín e Madrid.[3] Tamén é o municipio europeo coa maior área de zonas verdes. A cidade ten un sistema administrativo especial, chamado Roma Capitale, rexido por unha lei estatal.[4]

Fundada segundo a tradición o 21 de abril de 753 a. C. (aínda que escavacións recentes no sitio arqueolóxico de Lapis Níger datan a súa fundación dous séculos antes[5][6]) durante os seus tres milenios de historia foi a primeira metrópole da humanidade,[7] sendo o corazón dunha das civilizacións antigas máis importantes, que influíron na sociedade, cultura, lingua, literatura, arte, arquitectura, filosofía, relixión, dereito e costumes dos séculos seguintes

É a cidade coa máis alta concentración de bens históricos e arquitectónicos do mundo;[8] o seu centro histórico delimitado polo perímetro que marcan as murallas aurelianas, superposición de pegadas de tres milenios, é a máxima expresión do patrimonio histórico, artístico e cultural do mundo occidental.[9] En 1980, xunto ás propiedades extraterritoriais da Santa Sé que se atopan na cidade e a basílica de San Paulo Extramuros, foi incluída na lista do Patrimonio da Humanidade da Unesco.[10][11]

Roma é unha das cidades con maior importancia na historia mundial, sendo un dos símbolos da civilización europea e centro espiritual do catolicismo, cidade santa do catolicismo e destino de peregrinación (vías romeas) e tamén a única cidade do mundo que ten no seu interior unha entidade estatal autónoma: o enclave da Cidade do Vaticano, que se atopa baixo o poder temporal do papa.[12] Por tal motivo coñecéuselle tamén como a capital de dous Estados.[13][14]

Por antonomasia, coñecese desde a antigüidade como a Urbs, Caput mundi, e tamén é chamada "A Cidade Eterna" (en italiano: Città Eterna).

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O centro da cidade de Roma nunha foto sacada dende un avión.

Existen varias hipóteses sobre a orixe do nome Roma;[15] o nome podería vir:

  • de Roma, filla de Italio (ou de Télefo, fillo de Hércules), esposa de Eneas ou do seu fillo Ascanio;[16]
  • de Romano, fillo de Odiseo e Circe;[16]
  • de Romo, fillo de Ematión, ao cal Diomedes fai fuxir de Troia;[16]
  • de Romide, tirano dos latinos, que expulsou os etruscos da rexión;[16]
  • de Rommylos e Romos (Rómulo e Remo), irmáns xemelgos descendentes de Ascanio que fundaron a cidade;[17]
  • de Rumon ou Rumen, nome arcaico do Tíber, que tiña raíz etimolóxica análoga á do verbo grego ῥέω (rhèo) e do verbo latino ruo, que significan "fluir";[18]
  • da palabra etrusca ruma, que significaba ubre, e podería por tanto facer referencia ao mito de Rómulo e Remo, ou tamén á forma dos outeiros do Palatino e do Aventino;[19]
  • do grego ῤώμη (rhòme), que significa forza[20]
  • de Roma, unha moza troiana que coñecía a arte da maxia, da cal existen referencias nos escritos do poeta Estesícoro de Himera.[21]

Xeografía física[editar | editar a fonte]

Roma atópase nas ribeiras do río Tíber; a aldea orixinaria desenvolveuse sobre os outeiros que están fronte á curva deste río na cal xorde un promontorio de terra coñecido como a Illa Tiberina.

Vista panorámica de Roma desde a cúpula de San Pedro

Territorio[editar | editar a fonte]

Os sete outeiros

O territorio do municipio de Roma é amplo, absorbendo áreas que estiveran abandonadas por séculos, na súa maioría infestadas de paludismo e pouco aptas para a agricultura, áreas non pertencentes a ningún municipio: esténdese sobre unha superficie de 1285,31 km² e é o territorio ocupado pola cidade máis grande de Italia[22] e un dos máis extensos en contraste con outras capitais de Europa. Roma goberna unha área que polas súas dimensións é tan grande como, aproximadamente, a suma dos territorios de Milán, Nápoles, Turín, Palermo, Xénova, Boloña, Florencia, Bari e Catania, e é superior á de municipios como o de Nova York, Moscova, Berlín, Madrid e París.[23]

Historia e características[editar | editar a fonte]

A cidade, que xurdiu no século VIII a.C., foi capital do Imperio Romano, e antes dun reino e unha república (ver Roma antiga).

Fai fronteira con Albano Laziale, Anguillara Sabazia, Ardea, Campagnano di Roma, Castel Gandolfo, Castel San Pietro Romano, Ciampino, Colonna, Fiumicino, Fonte Nuova, Formello, Frascati, Gallicano nel Lazio, Grottaferrata, Guidonia Montecelio, Marino, Mentana, Monte Porzio Catone, Monte Compatri, Monterotondo, Palestrina, Poli, Pomezia, Riano, Sacrofano, San Gregorio da Sasola, Tivoli, Trevignano Romano, Zagarolo.

Segundo a tradición Roma tería sido fundada no ano de 753 a.C. por Rómulo. No comezo foi gobernada por reis, pero tornouse unha república en 509 a.C. (de acordo coa tradición). A cidade crecía, e no final da República, a cidade de Roma era a capital dun vasto imperio arredor do Mar Mediterráneo. A poboación de Roma medraba, tanto que no seu auxe chegou a albergar máis dun millón de habitantes.

Co fortalecemento do Cristianismo na cidade, no século III, o Bispo (que despois pasaría a ser chamado Papa) de Roma tornouse a maior autoridade relixiosa na Europa Occidental.

A partir de mediados do século III, co comezo das invasións bárbaras no Imperio Romano (que chegaron a asaltar por varias veces a cidade), produciuse un fluxo de habitantes da cidade para o campo; cando o Imperio Romano se derrubou, pouco máis de 50 mil habitantes moraban aínda na cidade. A cidade de Roma estaría en mans bárbaras (e apoiada economicamente e politicamente polo Imperio Bizantino) durante polo menos catro séculos máis, cando en 756, Pipino III derrotou os longobardos. Roma pasaría a ser capital dos Estados Pontificios ata 1870, onde o Papa era a autoridade máxima do Estado.

Roma pasou a ser a capital da nova Italia unificada, en 1871. O 11 de febreiro de 1929, Benito Mussolini estableceu, nunha serie de acordos co papado cristián, o Estado independente do Vaticano, cedendo un espazo de 0,44 km² da cidade de Roma ao novo país.

Roma sufriu pesados bombardeos e foi tamén o campo de varias batallas, na Segunda Guerra Mundial, aínda que a cidade teña sufrido menos danos que outras cidades controladas polo Eixo (como Berlín ou Varsovia). Roma foi capturada polos aliados o 4 de xuño de 1944, a primeira capital dunha potencia central do Eixo en caer.

A cidade foi escenario dun crecemento acelerado nos anos que se seguiron á guerra. Con cerca de 240 mil habitantes na época da unificación italiana, a cidade medrou ata 692 mil en 1921 e 1.6 millón en 1962.

En 1960, a cidade foi sede das Olimpíadas de Verán.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

O concello de Roma divídese oficialmente en 19 entidades singulares denominadas municipios e antes de 2000 coñecidas como circunscricións. O centro histórico divídese en rione que non teñen carácter administrativo senón histórico, na actualidade hai 22 rioni. Fóra do centro histórico Roma divídese en 35 quartieri, 6 suburbios e 59 zonas.

Economía[editar | editar a fonte]

O turismo posúe un papel vital na economía de Roma, dado o status da cidade como un dos máis famosos e máis coñecidos destinos turísticos do mundo.

A cidade é tamén un centro bancario e financeiro. Outros elementos destacados son a mercadotecnia e a moda (roupas de griffe).

Deportes[editar | editar a fonte]

O Estadio Olímpico de Roma, un dos estadios máis grandes de Europa, sede do AS Roma e SS Lazio.

A cidade de Roma foi sede dos Xogos Olímpicos de 1960, sendo o principal fito deportivo da súa historia recente. Porén tamén foi sede das finais dos Mundiais de Fútbol de 1934 e 1990, organizados pola FIFA, e as Eurocopas de Fútbol de 1968 e 1980, organizadas pola UEFA.

Ao mesmo tempo tódolos anos organízase entre outros eventos o Masters de Roma de Tenis, que reúne aos mellores tenistas do circuíto.

Os principais equipos deportivos estábeis da cidade son o A.S. Roma e SS Lazio en fútbol, o Pallacanestro Virtus Roma de baloncesto, o M. Roma Volley en voleibol e o Rugby Roma Olimpic e SS Lazio Rugby en rugby, todos nas máximas categorías dos seus deportes.

Símbolos[editar | editar a fonte]

Escudo do municipio

A descrición do Escudo de Roma está contida no primeiro artigo dos estatutos municipais:[24]

O emblema do municipio está constituído por un escudo de forma puntiaguda, de cor púrpura, con cruz grega de ouro, colocada arriba á dereita, seguida das letras maiúsculas de ouro S. P. Q. R. dispostas en banda e en escalado, coroado por oito floróns de ouro, cinco dos cales son visibles

Outros símbolos de Roma, á parte do escudo municipal, son a loba capitolina, estatua de bronce que representa á lendaria loba que aleitou aos dous xemelgos Rómulo e Remo; o Coliseo, o anfiteatro máis grande do imperio romano, recoñecido, no 2007, como unha das sete marabillas do mundo moderno (a única en Europa);[25] a Cupulota, a cúpula da basílica de San Pedro na Cidade do Vaticano, que domina toda a cidade e simboliza tamén ao mundo cristián.[26] O aguia imperial ―efixie militar― foi símbolo da cidade durante a antigüidade;[27] tamén o foi durante a Idade Media o león, animal emblemático da supremacía.[28]

O lema da cidade é SPQR, en latín Senatus Populusque Romanus (o Senado e o Pobo de Roma), que na antigüidade indicaba as dúas clases que constituían á sociedade romana, a dos patricios e a dos plebeos.[29]

  • Cores: amarelo e vermello, representando, respectivamente, o cristianismo e o imperio.

Celebracións[editar | editar a fonte]

  • Festivos municipais:
  • 21 de abril: fundación (aniversario) da cidade
  • 29 de xuño: festa dos padroeiros da cidade

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

  • Dende 1956, ten unha relación de irmanmento exclusivo e recíproco con París, Francia Francia. Só París é digna de Roma; só Roma é digna de París.

Tamén ten relación de amizade con outras cidades:

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Istituto Nazionale di Statistica d'Italia (en italiano)
  2. Definición de romano - Dicionario da Real Academia Galega
  3. Cutrufo 2010, p. 84
  4. "Roma diventa Capitale" (en italiano). Roma Capitale. Consultado o 15 de outubro do 2019. 
  5. "Scoperte archeologiche rivelano che Roma ha 200 anni di più" (en italiano). Consultado o 21 de abril de 2014. 
  6. ""Roma più vecchia di due secoli"" (en italiano). Consultado o 13 de abril de 2014. 
  7. O número de habitantes da Roma augustea foi alcanzado só a principios do século XIX por Londres.
  8. "Roma, un caso único: en la Historia, en el presente". Consultado o 14 de xullo de 2011. 
  9. "Roma, Centro Histórico". Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2010. Consultado o 21 de abril de 2010. 
  10. "UNESCO - Centro histórico de Roma" (en inglés). Consultado o 23 de agosto de 2010. 
  11. En 1990 foi feita pola Unesco unha ampliación e incluíronse os bens comprendidos dentro das murallas gianicolensi construídas a instancia do papa Urbano VIII.
  12. "La Città del Vaticano oggi" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 4 de maio de 2009. Consultado o 20 de setembro de 2009. 
  13. "Discurso del Presidente Ciampi". Consultado o 29 de xaneiro de 2010. 
  14. "Le istituzioni salutano Benedetto XVI Ciampi: "Gioia per tutti gli italiani"" (en italiano). Consultado o 17 de outubro do 2019.  Carácter salto de liña en |título= na posición 38 (Axuda)
  15. Rendina 2007, p. 17.
  16. 16,016,116,216,3 A hipótese foi formulada por algúns historiadores antigos de lingua grega e difundidas por Plutarco.
  17. A hipótese é unha variante da lenda troiana. O nome sería tomado dos fundadores da cidade, a pesar de que o verdadeiro fundador da cidade foi só un dos xemelgos; cfr. Rendina 2007, p. 17.
  18. Hipótese formulada por Servio Mario Onorato: Roma tería por significado "cidade do río".
  19. Os dous outeiros son comparables pola súa forma a dúas mamas.
  20. Neste caso Roma tería por significado "cidade forte";
  21. Liverotti.
  22. "Superficie de Roma y de sus municipios". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2010. Consultado o 24 de setembro de 2009. 
  23. Superficie de Nova York: 1214,4 km²; Moscova: 1081 km²; Berlín: 892 km²; Madrid: 607 km²; París: 105,4 km²
  24. "Estatutos do Municipio de Roma, capítulo I, artículo I, coma 3" (PDF) (en italiano). Consultado o 14 de xullo de 2011. 
  25. "Ecco le nuove 7 meraviglie. C'è il Colosseo". Corriere della Sera. Consultado o 19 de outubro de 2019. 
  26. Touring Editore 60.
  27. "Simboli de Roma" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 9 de outubro de 2009. Consultado o 20 de setembro de 2009. 
  28. "El Palacio del Senado y la Torre Campanaria del Campidoglio". Consultado o 14 de xullo de 2011. 
  29. Rendina 2007, p. 23.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Roma&oldid=5280316"